DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 10 de setembro de 2025 Páx. 49042

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 22 de agosto de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Carballo (expediente IN407A 2024/160-1).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar», mediante o presente anuncio notifícase no cadro anexo a resolución desta dirección territorial, do 24 de xullo de 2025, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica a prol da entidade UFD Distribución Electricidad, S.A.

A citada resolución corresponde ao proxecto de instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA BRT803 Substitución de Apoio 9W0TT0AA//47-14, no concello de Carballo (expediente IN407A 2024/160-1).

O texto íntegro da resolución que agora se anuncia está a disposición das persoas interesadas na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2-2º, 15008 A Coruña, na Sección de Enerxía (teléfono de contacto 981 18 49 02), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días, a partir da publicación deste anuncio, para solicitar a remisión da resolución ao enderezo que sinalen.

Contra a resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada perante a Conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir da notificación da resolución, ou interpoñer calquera outro recurso que proceda.

A Coruña, 22 de agosto de 2025

O director territorial da Coruña
P.A. (Art. 40 do Decreto 140/2024, do 20 de maio; DOG nº 101, do 27 de maio)
Lourdes Fernández Parajes
Xefa do Servizo de Industria da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados-concello de Carballo

Regulamentación LMTA. BRT803 substitución de apoio 9W0TT0AA//47-14

Predio proxecto

Persoa propietaria/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección de solo pleno dominio

Afección de solo por

servidume de paso de enerxía eléctrica

Natureza do terreo

Apoio nº/CT

Superficie (m2)

ml. aér.

ml. sot.

m2

m2 sot.

1

Descoñecida/o

15019A016001400000IF

Lugar Costoia

9W0TT0AA//47-14

2.0

Rústico. Agrario. Matogueira.

Abreviacións: da servidume aérea en metros lineais.

ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.

m2 sot.: superficie de servidume soterrada en m2.