Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar», mediante este anuncio notifícase no anexo a Resolución desta dirección territorial, do 21 de xullo de 2025, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica a prol da entidade UFD Distribución Electricidad, S.A.
A citada resolución corresponde ao proxecto de instalación eléctrica denominada Proxecto para LMT CT RBT Ladrido, no concello de Ortigueira (expediente IN407A 2023/331-1).
O texto íntegro da resolución que agora se anuncia está á disposición das persoas interesadas na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º, 15008 A Coruña, na Sección de Enerxía (teléfono de contacto 981 18 49 02), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días, a partir da publicación deste anuncio, para solicitaren a remisión da resolución ao enderezo que sinalen.
Contra a resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir da notificación da resolución, ou interpoñer calquera outro recurso que proceda.
A Coruña, 22 de agosto de 2025
O director territorial da Coruña
P.A. (Artigo 40 do Decreto 140/2024, do 20 de maio)
Lourdes Fernández Parajes
Xefa do Servizo de Industria
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados-concello de Ortigueira
LMT, CT e RBT Ladrido
|
Parcela proxecto |
Propietario/titular |
Referencia catastral |
Lugar |
Afectación pleno dominio |
LMT subterránea (servidume de paso de enerxía eléctrica) |
Natureza do terreo |
||
|
CT/nº do apoio |
Superficie (m²) |
Lonxitude (m) |
Superficie (m²) |
|||||
|
1 |
Descoñecido |
15062A013012150000TK |
Fabeiro |
CT e acceso |
21,26 |
Rústico. Agrario |
||
|
2 |
Descoñecido |
15062A013012350000TY |
Castiñeiral |
Novo apoio Pro-1 |
2 |
15 |
45,09 |
Rústico. Agrario |
