DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 10 de setembro de 2025 Páx. 49046

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 25 de agosto de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Negreira (expediente IN407A 2024/195-1).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar», mediante o presente anuncio notifícase á persoa sinalada no anexo a resolución desta dirección territorial, do 28 xullo de 2025, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica a prol da entidade UFD Distribución Electricidad, S.A.

A citada resolución corresponde ao proxecto de instalación eléctrica denominada Regulamentación LMT NEG811-apoio 9Q0BP360//64, no concello de Negreira (expediente IN407A 2025/195-1).

O texto íntegro da resolución que agora se anuncia está a disposición das persoas interesadas na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2-2º, 15008 A Coruña, na Sección de Enerxía (teléfono de contacto 981 18 49 02), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días, a partir da publicación deste anuncio, para solicitar a remisión da resolución ao enderezo que sinalen.

Contra a resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada perante a Conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir da notificación da resolución, ou interpoñer calquera outro recurso que proceda.

A Coruña, 25 de agosto de 2025

O director territorial da Coruña
P.A. (Artigo 40 do Decreto 140/2024, do 20 de maio;
DOG núm. 101, do 27 de maio)
Lourdes Fernández Parajes
Xefa do Servizo de Industria

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados-concello de Negreira

Regulamentación da LMT NEG811-apoio 9Q0BP360//64

Predio proxecto

Persoas propietarias/titulares

Referencia catastral

Lugar

Afección de solo pleno dominio

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica

Natureza do terreo

CT/apoio núm.

Superficie (m²)

ml aér.

ml sot.

m² aér.

m² sot.

1

Herdeiras/os de Inocencio Suárez Domínguez

15057A513010630000LI

Prado do Cacho

Apoio

2,0

Rústico Agrario