DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 10 de setembro de 2025 Páx. 49056

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Betanzos

ANUNCIO de notificación no procedemento infrutuoso relativo á xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas.

O Concello de Betanzos fai pública unha notificación relativa ao requirimento de limpeza á titular da parcela que se indica a seguir, logo de resultar infrutuosa, por causas non imputables a esta administración, a notificación a que se refire o artigo 135 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e de conformidade co disposto no artigo 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Expediente

Ref. catastral

Titular

2025/V001/000026

4022873NH6932S0001SW

Vázquez Vázquez, Avelino (herdeiros de)

2025/V001/000026

3921222NH6932S0001AW

Vázquez Vázquez, Avelino (herdeiros de)

2025/V001/000026

4022847NH6932S0001BW

Pato García, Francisco

2025/V001/000026

4022854NH6932S0001PW

Dopico Ares, Concepción

2025/V001/000026

4022855NH6932S0001LW

En investigación

2025/V001/000026

3921219NH6932S0001AW

Corbella Torreiro, María (herdeiros de)

As persoas interesadas en coñecer o contido íntegro do acto que se notifica poderán acudir ás oficinas municipais do Concello de Betanzos, sitas na praza de Galicia 1 (edificio do Arquivo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de quince días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de anuncios do BOE. Así mesmo, dispoñen de idéntico prazo para cumprir coa obriga de xestión da biomasa e, de ser o caso, da retirada das especies arbóreas prohibidas.

Unha vez transcorrido este prazo sen que se faga uso do dereito sinalado, o Concello de Betanzos continuará co expediente segundo o disposto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

O Concello de Betanzos notifica este acto para os efectos oportunos e sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan alegar o que consideraren oportuno, no prazo de quince días desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Betanzos, 30 de xullo de 2025

María Barral Varela
Alcaldesa