DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 10 de setembro de 2025 Páx. 49057

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Salceda de Caselas

ANUNCIO de exposición pública do expediente da orde de execución subsidiaria para a xestión da biomasa vexetal de parcelas de persoas propietarias descoñecidas ou ás cales non se lles puido efectuar a notificación.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP), e para que lles sirva de notificación ás persoas interesadas, ao ignorarse o lugar de notificación ou ao ignorar estas a notificación recibida para a xestión da biomasa, faise público que a Alcaldía Presidencia adoptou a Resolución número 2025-1024, do 14 de agosto, de inicio do expediente de execución subsidiaria por incumprimento da obriga de xestión da biomasa (artigo 22.2 e 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais) e liquidación provisional anticipada dos custos que se indica a seguir:

Expediente

Ref. catastral

Parroquia

Lugar/polígono/parcela

ha afectadas por execución subsidiaria

Liquidación provisional dos traballos de xestión da biomasa

Data de constatación do incumprimento

Persoa responsable de xestión da biomasa

2311/2023

36049A041006730000KU

Soutelo

Outeiriño pol. 41, parc. 673

349 m2

500,00

4.2.2025

Estévez Rodríguez María (herdeiros de)

1633/2024

36049A008011630000KT

San Xurxo

Condide pol. 8, parc. 1163

76 m2

500,00

14.4.2025

Muñoz Sanjuan María Carmen e Santiago

1747/2024

36049A036000330000KM 

Entenza

Castelo pol. 36, parc. 33

4.087 m2

1.930,59

15.4.2025

Sequeiros Núñez José

1863/2024

36049A008012350000KX

San Xurxo

Outeiro pol. 8, parc. 1235

362 m2

500,00

22.4.2025

Pérez Piedra Manuel (herdeiros de)

1863/2024

36049A008012360000KI

San Xurxo

Outeiro pol. 8, parc. 1236

296 m2

500,00

22.4.2025

En investigación

1863/2024

36049A008012370000KJ 

San Xurxo

Outeiro pol. 8, parc. 1237

526 m2

684,12

22.4.2025

Cabaleiro Piedra Silverio

1863/2024

36049A008012380000KE

San Xurxo

Outeiro pol. 8, parc. 1238

232 m2

500,00

22.4.2025

En Investigación

1867/2024

36049A015001210000KB

Parderrubias

Fontan pol. 15, parc. 121

1.415 m2

995,38

24.4.2025

En Investigación

1986/2024

36049A020012580000KS

Parderrubias

Lavandeira pol. 20,

parc. 1258

216 m2

500,00

24.4.2025

Martínez Requejo M. del Carmen (herdeiros de)

1986/2024

36049A020012590000KZ

Parderrubias

Lavandeira pol. 20,

parc. 1259

337 m2

500,00

24.4.2025

Cabaleiro Míguez Waldemar (herdeiros de)

2434/2024

36049A043001350000KD

Soutelo

Mallón pol. 43, parc. 135

182 m2

500,00

14.4.2025

Ocampo Besada Tomás

1092/2024

36049A041009250000KZ

Parderrubias

Pedrabuxiña pol. 40, parc. 51

687 m2

740,36

7.10.2024

En investigación

1092/2024

36049A040000510001LO

Parderrubias

Pedrabuxiña pol. 40, parc. 47

382 m2

500,00

7.10.2024

Fernández Pérez Manuel

0888/2024

36049A040000470000KX

Soutelo

Mallón pol. 41, parc. 925

14 m2

500,00

14.10.2024

En investigación

A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación do pertinente anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, ponse en coñecemento das persoas responsables que o contido íntegro do expediente administrativo está á disposición destas nas oficinas municipais do Concello de Salceda de Caselas, situadas na praza do Concello, 12, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Contra a presente resolución que pon fin á vía administrativa pódese interpor alternativamente:

a) Recurso de reposición potestativo ante a Alcaldía deste concello no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da presente notificación, de conformidade cos artigos 123 y 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

b) Interpor directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se optar por interpor recurso de reposición potestativo, non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se producise a súa desestimación por silencio.

Salceda de Caselas, 20 de agosto de 2025

María Dolores Castiñeira Alen
Alcaldesa