DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 11 de setembro de 2025 Páx. 49260

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 25 de agosto de 2025, da Área Provincial da Coruña, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente con número de credencial VI428C-980972 e catro máis.

Logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46, emprázanse as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia da resolución de arquivamento/denegación da solicitude de inscrición no Rexistro de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia que se sinala no anexo.

O acto obxecto de notificación adoptouno o xefe da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña.

A comparecencia para coñecer o texto íntegro dos actos deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña, rúa Vicente Ferrer, 2, 9º andar, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 25 de agosto de 2025

Luis Guillermo Eirís Puñal
Xefe da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Credencial/expediente

DNI/NIE

Acto obxecto de notificación

VI428C-980972

32416862H

Denegación inscrición

VI428C-987762

34287276A

Denegación inscrición

VI428C-988326

47354349V

Requirimento de documentación

VI428C-983229

17763267E

Requirimento de documentación

122146

47366191Z

Inscrición no Rexistro