DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 11 de setembro de 2025 Páx. 49262

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

De conformidade co artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e ante a imposibilidade de efectuar a notificación aos titulares dos bens que se relacionan a continuación, comunícase ás persoas responsables a súa obrigación legal de xestión da biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas nas parcelas sinaladas seguidamente, imposta polo artigo 22.1 da citada Lei 3/2007, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas:

Número de expediente

Referencia catastral

Parroquia

Titulares catastrais

2025/V001/000109

15005A06100469

Oseiro

H.J.F.D.

2025/V001/000034

15005A08100053

Loureda

M.J.L.V.

2025/V001/000107

15005A06100580

Oseiro

Investigación

2024/V001/000142

15005A03900144

Lañas

H.M.A.M.

En virtude do anterior, as persoas responsables dispoñen dun prazo máximo de quince días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) para o cumprimento voluntario da obrigación de xestión da biomasa nas parcelas citadas.

Transcorrido o dito prazo, e en caso de persistencia no incumprimento, o concello procederá á execución subsidiaria con repercusión á propiedade dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da Lei 3/2007, anteriormente citada, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

Así mesmo, comunícaselles ás persoas responsables que o contido íntegro das notificacións, así como a totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición no Departamento de Medio Ambiente do Concello de Arteixo.

Arteixo, 20 de agosto de 2025

O alcalde
P.D. (Decreto 1243/2025, do 8 de maio)
Víctor Merelas García
Concelleiro con delegación especial de Medio Ambiente