A Lei 20/2011, do 21 de xullo, do Rexistro Civil, establece a través da disposición adicional primeira, número 2, que os postos de traballo das oficinas do Rexistro Civil só poderán ser cubertos por persoal da Administración de xustiza e que se ordenarán de acordo co establecido nas correspondentes relacións de postos de traballo. Así mesmo, o número 3 da dita disposición adicional engade que, mediante o procedemento previsto na Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial (en diante, Lei orgánica do poder xudicial), para a ordenación e integración das unidades que conforman as oficinas xudiciais determinaranse as correspondentes relacións de postos de traballo e as dotacións do persoal da Administración de xustiza necesario para as oficinas do Rexistro Civil. As relacións de postos de traballo poderán dispoñer a compatibilidade con funcións en oficina xudicial nos casos en que así se prevexa regulamentariamente.
Pola súa banda, a disposición transitoria oitava da Lei 20/2011, do 21 de xullo, determina no seu número 4 que, mentres non se implanten as estruturas e as relacións de postos de traballo oportunas no ámbito do Rexistro Civil, se manterán os actuais centros de destino segundo o previsto na Lei orgánica do poder xudicial. As novas oficinas do Rexistro Civil que se implanten consonte a dita lei consideraranse centro de destino para o persoal funcionario da Administración de xustiza.
Tanto a elaboración das relacións de postos de traballo coma os procesos de reorganización do persoal funcionario que se acometan para a creación de oficinas do Rexistro Civil rexeranse polas normas sobre implantación da oficina xudicial contidas na Lei orgánica do poder xudicial, así como na normativa de desenvolvemento.
Por outra parte, o artigo 521.2 da Lei orgánica do poder xudicial prescribe que as relacións de postos de traballo conterán a dotación de todos os postos de traballo das distintas unidades ou oficinas e indicarán a súa denominación, localización, os requisitos exixidos para o seu desempeño, o complemento xeral do posto e o complemento específico. O punto 3.A) do devandito precepto entende por centro de destino, entre outros, cada unha das oficinas xerais do Rexistro Civil, sen prexuízo do réxime de compatibilidade de determinados postos cos da oficina xudicial do mesmo partido xudicial cando así se determine.
O artigo 522.2 da Lei orgánica do poder xudicial puntualiza que as comunidades autónomas con competencias asumidas, logo de negociación coas organizacións sindicais, elaborarán e aprobarán, mediante resolución da persoa titular do centro directivo que teña atribuída esta competencia, as relacións de postos de traballo en que se ordenen os postos de traballo das oficinas e unidades previstas no artigo 520.1 correspondentes ao seu respectivo ámbito de actuación, e que antes da súa aprobación deberán comunicarllas ao Ministerio de Xustiza.
Neste sentido, coa finalidade de suprimir duplicidades e para a consecución dunha mellor eficiencia na implantación das oficinas xerais do Rexistro Civil, a Conferencia Sectorial da Administración de Xustiza extraordinaria do día 21 de decembro de 2022 validou o modelo de referencia das relacións de postos de traballo das oficinas xerais do Rexistro Civil, e estableceu a simultaneidade na aprobación e aplicación das relacións de postos de traballo da oficina xeral do Rexistro Civil e mais da oficina xudicial do partido xudicial. Deste xeito, tendo en conta que a dotación das oficinas xerais do Rexistro Civil se toma dos órganos ou oficinas xudiciais que actualmente teñen funcións de rexistro civil, considérase conveniente que a definición e os procesos de aprobación, acoplamento, aplicación e entrada en vigor das relacións de postos de traballo de ambas as dúas estruturas organizativas (Oficina Xeral do Rexistro Civil e mais Oficina Xudicial) para un mesmo partido xudicial coincidan no tempo.
Así, dado que os tribunais de instancia da terceira fase serán o resultado da transformación das actuais unidades xudiciais dos partidos xudiciais da Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, e que a súa constitución terá lugar o día 31 de decembro de 2025 (disposición transitoria primeira da Lei orgánica 1/2025, do 2 de xaneiro, de medidas en materia de eficiencia do servizo público de xustiza), é necesario compasar os avances no desenvolvemento das oficinas xerais do Rexistro Civil destes mesmos partidos xudiciais correspondentes a esta terceira fase.
En virtude do establecido no artigo 20.1 do Estatuto de autonomía de Galicia e da transferencia de funcións á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de medios persoais ao servizo da Administración de xustiza, operada a través do Real decreto 2397/1996, do 22 novembro, o persoal funcionario dos corpos de medicina forense, de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e mais de auxilio xudicial depende organicamente da Comunidade Autónoma, a través da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.
Polo exposto, de conformidade co establecido no artigo 522.2 da Lei orgánica do poder xudicial, e no exercicio das competencias atribuídas polo Decreto 438/1996, do 20 de decembro, de asunción e atribución a este departamento das devanditas competencias, así como polo Decreto 136/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, logo de negociación sindical e logo da comunicación ao Ministerio de Xustiza,
DISPOÑO:
Artigo 1. Aprobación da relación de postos de traballo
Apróbanse as relacións de postos de traballo das oficinas xerais do Rexistro Civil dos partidos xudiciais correspondentes á fase III que figuran no anexo da presente resolución.
Artigo 2. Procesos de reorganización
Os procesos de reorganización derivados da entrada en funcionamento das oficinas xerais do Rexistro Civil realizaranse consonte o disposto na disposición transitoria primeira do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza.
Artigo 3. Entrada en funcionamento
As oficinas xerais do Rexistro Civil da fase III entrarán en funcionamento o 31 de decembro de 2025.
Disposición derradeira única. Entrada en vigor
A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2025
José Tronchoni Albert
Director xeral de Xustiza
ANEXO
Relacións de postos de traballo das oficinas xerais do Rexistro Civil, fase III
Provincia: A Coruña.
|
Código do posto |
Denominación |
CXP |
CE |
Tipo de posto |
Corpo |
Forma de provisión |
Requisitos |
Méritos |
Observacións |
|
Localidade: A Coruña |
|||||||||
|
Centro de destino: Oficina Xeral do Rexistro Civil |
|||||||||
|
XG92581000150306001.00 |
Xestión-Rexistro Civil |
4.219,80 |
8.335,68 |
Xenérico |
CXPA |
CT |
Horario especial |
||
|
XG92581000150306002.00 |
Xestión-Rexistro Civil |
4.219,80 |
8.335,68 |
Xenérico |
CXPA |
CT |
Horario especial |
||
|
XG92581000150306003.00 |
Xestión-Rexistro Civil |
4.219,80 |
8.335,68 |
Xenérico |
CXPA |
CT |
Horario especial |
||
|
XG92581000150306004.00 |
Xestión-Rexistro Civil |
4.219,80 |
8.335,68 |
Xenérico |
CXPA |
CT |
Horario especial |
||
|
XG92581000150306005.00 |
Xestión-Rexistro Civil |
4.219,80 |
8.335,68 |
Xenérico |
CXPA |
CT |
Horario especial |
||
|
XG92581000150307001.00 |
Tramitación-Rexistro Civil |
3.587,52 |
7.928,64 |
Xenérico |
CTPA |
CT |
Horario especial |
||
|
XG92581000150307002.00 |
Tramitación-Rexistro Civil |
3.587,52 |
7.928,64 |
Xenérico |
CTPA |
CT |
Horario especial |
||
|
XG92581000150307003.00 |
Tramitación-Rexistro Civil |
3.587,52 |
7.928,64 |
Xenérico |
CTPA |
CT |
Horario especial |
||
|
XG92581000150307004.00 |
Tramitación-Rexistro Civil |
3.587,52 |
7.928,64 |
Xenérico |
CTPA |
CT |
Horario especial |
||
|
XG92581000150307005.00 |
Tramitación-Rexistro Civil |
3.587,52 |
7.928,64 |
Xenérico |
CTPA |
CT |
Horario especial |
||
|
XG92581000150307006.00 |
Tramitación-Rexistro Civil |
3.587,52 |
7.928,64 |
Xenérico |
CTPA |
CT |
Horario especial |
||
|
XG92581000150307007.00 |
Tramitación-Rexistro Civil |
3.587,52 |
7.928,64 |
Xenérico |
CTPA |
CT |
Horario especial |
||
|
XG92581000150307008.00 |
Tramitación-Rexistro Civil |
3.587,52 |
7.928,64 |
Xenérico |
CTPA |
CT |
Horario especial |
||
|
XG92581000150307009.00 |
Tramitación-Rexistro Civil |
3.587,52 |
7.928,64 |
Xenérico |
CTPA |
CT |
Horario especial |
||
|
XG92581000150307010.00 |
Tramitación-Rexistro Civil |
3.587,52 |
7.928,64 |
Xenérico |
CTPA |
CT |
Horario especial |
||
|
XG92581000150308001.00 |
Auxilio-Rexistro Civil |
2.695,68 |
7.859,04 |
Xenérico |
CAX |
CT |
Horario especial |
||
|
XG92581000150308002.00 |
Auxilio-Rexistro Civil |
2.695,68 |
7.859,04 |
Xenérico |
CAX |
CT |
Horario especial |
||
|
Código do posto |
Denominación |
CXP |
CE |
Tipo de posto |
Corpo |
Forma de provisión |
Requisitos |
Méritos |
Observacións |
|
Localidade: Santiago de Compostela |
|||||||||
|
Centro de destino: Oficina Xeral do Rexistro Civil |
|||||||||
|
XG92581000150786001.00 |
Xestión-Rexistro Civil |
4.219,80 |
8.335,68 |
Xenérico |
CXPA |
CT |
Horario especial |
||
|
XG92581000150786002.00 |
Xestión-Rexistro Civil |
4.219,80 |
8.335,68 |
Xenérico |
CXPA |
CT |
Horario especial |
||
|
XG92581000150787001.00 |
Tramitación-Rexistro Civil |
3.587,52 |
7.928,64 |
Xenérico |
CTPA |
CT |
Horario especial |
||
|
XG92581000150787002.00 |
Tramitación-Rexistro Civil |
3.587,52 |
7.928,64 |
Xenérico |
CTPA |
CT |
Horario especial |
||
|
XG92581000150787003.00 |
Tramitación-Rexistro Civil |
3.587,52 |
7.928,64 |
Xenérico |
CTPA |
CT |
Horario especial |
||
|
XG92581000150788001.00 |
Auxilio-Rexistro Civil |
2.695,68 |
7.859,04 |
Xenérico |
CAX |
CT |
Horario especial |
||
|
Código do posto |
Denominación |
CXP |
CE |
Tipo de posto |
Corpo |
Forma de provisión |
Requisitos |
Méritos |
Observacións |
|
Localidade: Ferrol |
|||||||||
|
Centro de destino: Oficina Xeral do Rexistro Civil |
|||||||||
|
XG92581000150366001.00 |
Xestión-Rexistro Civil |
4.219,80 |
8.335,68 |
Xenérico |
CXPA |
CT |
Horario especial |
||
|
XG92581000150366002.00 |
Xestión-Rexistro Civil |
4.219,80 |
8.335,68 |
Xenérico |
CXPA |
CT |
Horario especial |
||
|
XG92581000150367001.00 |
Tramitación-Rexistro Civil |
3.587,52 |
7.928,64 |
Xenérico |
CTPA |
CT |
Horario especial |
||
|
XG92581000150367002.00 |
Tramitación-Rexistro Civil |
3.587,52 |
7.928,64 |
Xenérico |
CTPA |
CT |
Horario especial |
||
|
XG92581000150367003.00 |
Tramitación-Rexistro Civil |
3.587,52 |
7.928,64 |
Xenérico |
CTPA |
CT |
Horario especial |
||
|
XG92581000150368001.00 |
Auxilio-Rexistro Civil |
2.695,68 |
7.859,04 |
Xenérico |
CAX |
CT |
Horario especial |
||
Provincia: Lugo.
|
Código do posto |
Denominación |
CXP |
CE |
Tipo de posto |
Corpo |
Forma de provisión |
Requisitos |
Méritos |
Observacións |
|
Localidade: Lugo |
|||||||||
|
Centro de destino: Oficina Xeral do Rexistro Civil |
|||||||||
|
XG92581000270286001.00 |
Xestión-Rexistro Civil |
4.219,80 |
8.335,68 |
Xenérico |
CXPA |
CT |
Horario especial |
||
|
XG92581000270286002.00 |
Xestión-Rexistro Civil |
4.219,80 |
8.335,68 |
Xenérico |
CXPA |
CT |
Horario especial |
||
|
XG92581000270287001.00 |
Tramitación-Rexistro Civil |
3.587,52 |
7.928,64 |
Xenérico |
CTPA |
CT |
Horario especial |
||
|
XG92581000270287002.00 |
Tramitación-Rexistro Civil |
3.587,52 |
7.928,64 |
Xenérico |
CTPA |
CT |
Horario especial |
||
|
XG92581000270287003.00 |
Tramitación-Rexistro Civil |
3.587,52 |
7.928,64 |
Xenérico |
CTPA |
CT |
Horario especial |
||
|
XG92581000270288001.00 |
Auxilio-Rexistro Civil |
2.695,68 |
7.859,04 |
Xenérico |
CAX |
CT |
Horario especial |
||
Provincia: Ourense.
|
Código do posto |
Denominación |
CXP |
CE |
Tipo de posto |
Corpo |
Forma de provisión |
Requisitos |
Méritos |
Observacións |
|
Localidade: Ourense |
|||||||||
|
Centro de destino: Oficina Xeral do Rexistro Civil |
|||||||||
|
XG92581000320546001.00 |
Xestión-Rexistro Civil |
4.219,80 |
8.335,68 |
Xenérico |
CXPA |
CT |
Horario especial |
||
|
XG92581000320546002.00 |
Xestión-Rexistro Civil |
4.219,80 |
8.335,68 |
Xenérico |
CXPA |
CT |
Horario especial |
||
|
XG92581000320547001.00 |
Tramitación-Rexistro Civil |
3.587,52 |
7.928,64 |
Xenérico |
CTPA |
CT |
Horario especial |
||
|
XG92581000320547002.00 |
Tramitación-Rexistro Civil |
3.587,52 |
7.928,64 |
Xenérico |
CTPA |
CT |
Horario especial |
||
|
XG92581000320547003.00 |
Tramitación-Rexistro Civil |
3.587,52 |
7.928,64 |
Xenérico |
CTPA |
CT |
Horario especial |
||
|
XG92581000320548001.00 |
Auxilio-Rexistro Civil |
2.695,68 |
7.859,04 |
Xenérico |
CAX |
CT |
Horario especial |
||
Provincia: Pontevedra.
|
Código do posto |
Denominación |
CXP |
CE |
Tipo de posto |
Corpo |
Forma de provisión |
Requisitos |
Méritos |
Observacións |
|
Localidade: Pontevedra |
|||||||||
|
Centro de destino: Oficina Xeral do Rexistro Civil |
|||||||||
|
XG92581000360386001.00 |
Xestión-Rexistro Civil |
4.219,80 |
8.335,68 |
Xenérico |
CXPA |
CT |
Horario especial |
||
|
XG92581000360386002.00 |
Xestión-Rexistro Civil |
4.219,80 |
8.335,68 |
Xenérico |
CXPA |
CT |
Horario especial |
||
|
XG92581000360387001.00 |
Tramitación-Rexistro Civil |
3.587,52 |
7.928,64 |
Xenérico |
CTPA |
CT |
Horario especial |
||
|
XG92581000360387002.00 |
Tramitación-Rexistro Civil |
3.587,52 |
7.928,64 |
Xenérico |
CTPA |
CT |
Horario especial |
||
|
XG92581000360387003.00 |
Tramitación-Rexistro Civil |
3.587,52 |
7.928,64 |
Xenérico |
CTPA |
CT |
Horario especial |
||
|
XG92581000360388001.00 |
Auxilio-Rexistro Civil |
2.695,68 |
7.859,04 |
Xenérico |
CAX |
CT |
Horario especial |
||
|
Código do posto |
Denominación |
CXP |
CE |
Tipo de posto |
Corpo |
Forma de provisión |
Requisitos |
Méritos |
Observacións |
|
Localidade: Vigo |
|||||||||
|
Centro de destino: Oficina Xeral do Rexistro Civil |
|||||||||
|
XG92581000360576001.00 |
Xestión-Rexistro Civil |
4.219,80 |
8.335,68 |
Xenérico |
CXPA |
CT |
Horario especial |
||
|
XG92581000360576002.00 |
Xestión-Rexistro Civil |
4.219,80 |
8.335,68 |
Xenérico |
CXPA |
CT |
Horario especial |
||
|
XG92581000360576003.00 |
Xestión-Rexistro Civil |
4.219,80 |
8.335,68 |
Xenérico |
CXPA |
CT |
Horario especial |
||
|
XG92581000360576004.00 |
Xestión-Rexistro Civil |
4.219,80 |
8.335,68 |
Xenérico |
CXPA |
CT |
Horario especial |
||
|
XG92581000360576005.00 |
Xestión-Rexistro Civil |
4.219,80 |
8.335,68 |
Xenérico |
CXPA |
CT |
Horario especial |
||
|
XG92581000360577001.00 |
Tramitación-Rexistro Civil |
3.587,52 |
7.928,64 |
Xenérico |
CTPA |
CT |
Horario especial |
||
|
XG92581000360577002.00 |
Tramitación-Rexistro Civil |
3.587,52 |
7.928,64 |
Xenérico |
CTPA |
CT |
Horario especial |
||
|
XG92581000360577003.00 |
Tramitación-Rexistro Civil |
3.587,52 |
7.928,64 |
Xenérico |
CTPA |
CT |
Horario especial |
||
|
XG92581000360577004.00 |
Tramitación-Rexistro Civil |
3.587,52 |
7.928,64 |
Xenérico |
CTPA |
CT |
Horario especial |
||
|
XG92581000360577005.00 |
Tramitación-Rexistro Civil |
3.587,52 |
7.928,64 |
Xenérico |
CTPA |
CT |
Horario especial |
||
|
XG92581000360577006.00 |
Tramitación-Rexistro Civil |
3.587,52 |
7.928,64 |
Xenérico |
CTPA |
CT |
Horario especial |
||
|
XG92581000360577007.00 |
Tramitación-Rexistro Civil |
3.587,52 |
7.928,64 |
Xenérico |
CTPA |
CT |
Horario especial |
||
|
XG92581000360577008.00 |
Tramitación-Rexistro Civil |
3.587,52 |
7.928,64 |
Xenérico |
CTPA |
CT |
Horario especial |
||
|
XG92581000360577009.00 |
Tramitación-Rexistro Civil |
3.587,52 |
7.928,64 |
Xenérico |
CTPA |
CT |
Horario especial |
||
|
XG92581000360577010.00 |
Tramitación-Rexistro Civil |
3.587,52 |
7.928,64 |
Xenérico |
CTPA |
CT |
Horario especial |
||
|
XG92581000360578001.00 |
Auxilio-Rexistro Civil |
2.695,68 |
7.859,04 |
Xenérico |
CAX |
CT |
Horario especial |
||
|
XG92581000360578002.00 |
Auxilio-Rexistro Civil |
2.695,68 |
7.859,04 |
Xenérico |
CAX |
CT |
Horario especial |
||
CXP: complemento xeral do posto.
CE: complemento específico.
Código-Corpo
CXPA: corpo de xestión procesual e administrativa.
CTPA: corpo de tramitación procesual e administrativa.
CAX: corpo de auxilio xudicial.
Código-Descrición das formas de provisión
CT: concurso.
