Para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, e no artigo 78 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, sométese a información pública o seguinte proxecto de autorización administrativa:
Peticionaria: Nedgia, S.A.
Obxecto da petición: co fin de dotar de subministración de gas natural a nave da empresa In Proteins For All, S.L. na rúa Cesuras, polígono industrial de Teixeiro, concello de Curtis, proxéctase unha nova antena da rede de gas existente denominada RAA-I016.03, instalando unha nova rede de aceiro de 4” de diámetro e unha acometida de 3”.
Características técnicas: nova antena de subministración de gas natural canalizado na rede RAA-I016.03 (MOP 16 bar, DN 6”) existente, que se instalará na rúa Cesuras, Curtis, consistente en:
– Rede DN 4”, MOP 16 bar, en aceiro, de 280 m. Instalación de 2 válvulas de seccionamento e 6 válvulas de liña.
– Acometida DN 3”, MOP 16 bar, en aceiro, de 6 m. Instalación de 1 válvula de acometida.
O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas que se consideren prexudicadas nos seus dereitos poidan presentar as súas alegacións, no prazo de 20 días a partir da data da última publicación deste anuncio.
A documentación estará á disposición dos interesados nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Economía e Industria (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 as 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico seccion.enerxia.coruna@xunta.es ou no teléfono 981 18 49 02. Tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía e Industria:
https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-gas
A Coruña, 27 de agosto de 2025
O director territorial da Coruña
P.A. (Artigo 40 do Decreto 140/2024, do 20 de maio)
Lourdes Fernández Parajes
Xefa do Servizo de Industria
