DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 11 de setembro de 2025 Páx. 49268

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación do cambio de uso da parcela destinada a equipamento público localizada no grupo Santa Cristina, número 15, Palavea, con referencia catastral 9176501NH4997N (expediente CUP-1/25; DPE/2025/43).

O Pleno do Concello, na sesión que tivo lugar o 11.7.2025, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro. Cambiar o uso da parcela catastral 9176501NH4997N, de superficie 560 m2 de solo de titularidade municipal, cualificado como equipamento público do sistema local de dotacións co uso “abastecemento” (AB-Pb) polo PXOM/13, pasando a ter unha cualificación urbanística de equipamento público do sistema local de dotacións co uso “cultural” (CU-Pb), coas finalidades recollidas no PXOM/13 no título V da normativa.

Segundo. Publicar este acordo no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, e achegar o documento na Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas da Xunta de Galicia, para a súa inscrición no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia.

Terceiro. Remitir o acordo aos departamentos municipais interesados na súa tramitación, para os efectos do seu coñecemento».

O contido íntegro do cambio de uso aprobado pódese consultar fisicamente nas dependencias da Área Municipal de Urbanismo; e de forma dixital na sede electrónica deste concello, na páxina web https://www.coruna.gal/urbanismo, na epígrafe «planeamento/planeamento vixente»; ou ben, desde a mesma páxina web, a través do visor «desenvolvemento do planeamento».

Contra este acordo, con carácter de disposición administrativa de carácter xeral, pódese interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo máximo de dous meses, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme a dereito.

A Coruña, 30 de xullo de 2025

A alcaldesa
P.D. (Decreto 3531/2024, do 19 de xuño; BOP número 123, do 27 de xuño)
José Manuel Lage Tuñas
Concelleiro delegado responsable da Área de Economía e Planificación Estratéxica