DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 11 de setembro de 2025 Páx. 49270

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan parcial do SU-16 do Plan xeral de ordenación municipal, tramitado por instancia de Construcuatro, S.A. (expediente 24/2023).

A Xunta de Goberno Local, na sesión extraordinaria do día 6 de agosto de 2025, acordou prestar a aprobación inicial ao Plan parcial do SU-16 do PXOM de Sanxenxo, no lugar de Padriñán, tramitado por instancia da sociedade Construcuatro, S.A.

De conformidade co establecido no artigo 75 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, exponse o expediente á información pública por prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de máis ampla difusión da provincia, co obxecto de que se poidan formular as alegacións que se consideren procedentes.

O documento inicialmente aprobado pode consultarse no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Sanxenxo (https://concellodesanxenxo.sedelectronica.gal) e nas dependencias municipais do Servizo de Urbanismo do Concello de Sanxenxo, con cita previa no teléfono 986 72 00 75.

Sanxenxo, 20 de agosto de 2025

O alcalde
P.D. (Resolución do 20.8.2025)
María Deza Martínez
Concelleira de Planificación Urbanística e Vivenda