Mediante decretos da Concellaría de Medio Ambiente e Axenda 2030, acórdase ordenar a execución forzosa mediante a execución subsidiaria de limpeza de parcelas consistente na xestión da biomasa das parcelas referidas no cadro adxunto.
De conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou o medio a que se refire o ordinal 1º deste artigo, ou ben tentada a notificación, non se puido practicar, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado. Ponse en coñecemento dos interesados que o contido íntegro do mencionado decreto está á súa disposición no Departamento de Urbanismo do Concello de Tomiño, de conformidade co disposto no artigo 46 da mencionada Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio. Unha vez transcorrido o dito prazo, a notificación enténdese producida, podendo o interesado interpoñer os seguintes recursos: a) Con carácter potestativo recurso de reposición ante a Alcaldía no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación. Se transcorre un mes desde o día seguinte ao da interposición do recurso de reposición sen que este fose resolto e notificado, poderá entender que foi desestimado e interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de seis meses. b) Recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso administrativo dentro do prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da notificación.
Poderá interpoñer calquera outro que considere conveniente ao seu dereito.
|
Nº de expediente |
Nome/DNI/CIF |
Referencia catastral |
|
877/2023 |
B36483485 |
36054A066005210000EQ |
|
874/2024 |
B36483485 |
36054A066005170000EG |
|
1449/2024 |
En investigación |
36054C509009210001FI |
Tomiño, 21 de agosto de 2025
A alcaldesa
P.D. (21.7.2023)
Ana Belén Casaleiro González
Concelleira de Medio Ambiente e Axenda 2030
