DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 12 de setembro de 2025 Páx. 49532

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 14 de agosto de 2025, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente PO-02168-O-2024 e seis máis).

Conforme o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo as resolucións ditadas pola persoa titular da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte nos expedientes sancionadores número PO-02168-O-2024 e seis máis, por infracción da normativa sobre transporte terrestre, ao resultar infrutuosa a súa notificación postal. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópanse á disposición das persoas interesadas na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a directora xeral de Mobilidade da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2025

Marta Vázquez Sanjurjo
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF da persoa sancionada

Infracción cometida

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto

cualificador

Precepto

sancionador

Sanción

imposta

PO-02168-O-2024

2250-DFR

Y1528511Z

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

16.5.2024; 13.50; A-55; 11,05

Artigo 141.25 en relación co artigo 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 euros

PO-02614-O-2024

OR-3364-T

X3702331K

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

17.2.2024; 8.30; PO-840; 67,9

Artigo 141.25 en relación co artigo 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 euros

PO-02878-O-2024

B-6223-TU

21753649L

Exceso de peso igual ou superior ao 9 %.

28.8.2024; 14.25; PO-11; 4,0

Artigo 141.2 da LOTT

Artigo 198.2 do ROTT

Artigo 143.1 da LOTT

Artigo 201.f) do ROTT

900 euros

PO-03277-O-2024

PO-0718-AS

Y7285930G

Exceso de peso igual ou superior ao 15 %.

29.10.2024; 15.41; PO-510; 0,5

Artigo 141.2 da LOTT

Artigo 198.3 do ROTT

Artigo 143.1.c) da LOTT

Artigo 201.f) do ROTT

801 euros

XC-02080-O-2024

1763-JGF

60160508Y

Transportar mercadorías perigosas en vultos ou sobreembalaxes etiquetados ou marcados inadecuadamente.

24.4.2024; 9.43; AC-523; 6,381

Artigo 198.6.13 do ROTT

Artigo 141.5.12 da LOTT

Artigo 201.f) do ROTT

Artigo 143.1 da LOTT

801 euros

XC-02082-O-2024

1763-JGF

60160508Y

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

24.4.2024; 9.41; AC-523; 6,381

Artigo 141.25 en relación co artigo 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 euros

XC-02836-I-2024

3655-LBZ

Y8050082G

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

25.9.2024; 12.30; AC-552; 2,000

Artigo 141.25 en relación co artigo 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 euros