Expediente: IN407A 2024/162-4.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: Substitución do apoio A1SVIRS2//T16-23 da LMTA ATI727, LMTA e nova LMTS ATI727.
Concello: O Porriño.
Feitos:
1. O 11.4.2024, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación eléctrica denominada Substitución do apoio A1SVIRS2//T16-23 da LMTA ATI727, LMTA e nova LMTS ATI727.
A solicitude inclúe o proxecto de execución asinado pola enxeñeira técnica industrial Herminia López Caamaño, colexiada 4598 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo, e contén un orzamento total de 113.304,88 euros.
Examinado o proxecto de execución, conclúese que ten como finalidade soterrar parte da liña de media tensión aérea (LMTA) ATI727, no tramo ATI7270347, no lugar do Casal, na parroquia de Mosende, no concello do Porriño. Para isto están previstas as seguintes actuacións:
• Substitución do apoio A1SVIRS2//T16-23 por un apoio de celosía C-3000/16, no cal se instalarán novos XS e o paso aéreo-subterráneo (PAS).
• Instalación dun novo apoio de celosía C-4500/18 no trazado do tramo ATI7270400.
• Retirada de 358 metros do tramo aéreo ATI7270347 desde o apoio existente A22BP0E0//T16-17 ata o apoio proxectado C-3000/16.
• Retirada de 142 metros de condutor LA-30 no tramo ATI7270348 entre os apoios A1SVIRS2//T16-23 e A1RODG2R//T16-23-1.
• Retirada de 65 metros de condutor LA-30 no tramo ATI7270350 entre os apoios A1SVIRS2//T16-23 e A1RMUJSJ//T16-24.
• Retirada de 34 metros de condutor LA-56 no tramo ATI7270400 entre o apoio A1RMUJSJ//T16-24 e o apoio proxectado C-4500/18.
• Retirada de 148 metros de condutor LA-30 no tramo ATI7270351 entre o apoio A1RMUJSJ//T16-24 e o apoio existente A1PGDDAI1.
• Retirada dos seguintes apoios: A213S7H0//T16-18, A1XONB7H//T16-19, A1W71QLU//T16-20, A1V24PUP//T16- 21 e A1TUGA49//T16-22.
• Instalación de 143 metros de liña de media tensión aérea (condutor LA-56) desde o apoio proxectado C-3000/16 ata o apoio existente A1RODG2R//T16-23-1.
• Instalación de 94 metros de liña de media tensión aérea (condutor LA-56) desde o apoio proxectado C-3000/16 ata o apoio proxectado C-4500/18.
• Retensado do van ATI270400 augas abaixo do apoio proxectado C-4500/18.
• Instalación de 120 metros de liña de media tensión aérea (condutor LA-56) desde o apoio proxectado C-4500/18 ata o apoio existente A1PGDDAI1.
• Retensado do van ATI270428 augas abaixo do apoio existente A1PGDDAI1.
• Instalación de 517 metros de liña de media tensión subterránea (LMTS) desde o PAS localizado no apoio A22BP0E0//T16-17 ata o PAS no apoio proxectado C-3000/16.
2. Este departamento territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello do Porriño, a Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA), a Axencia Galega de Infraestruturas, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e o Servizo de Explotacións Agrarias. A empresa manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos por AESA, Confederación Hidrográfica Miño-Sil e o Servizo de Explotacións Agrarias.
Os demais organismos non emitiron os condicionados técnicos, entendéndose en consecuencia a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; sen prexuízo da autorización que lles corresponda outorgar.
3. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a Resolución do 27 de xuño de 2024 publicada nos seguintes medios:
• DOG (Diario Oficial de Galicia): 19.7.2024.
• Xornal Faro de Vigo: 22.7.2024.
• Taboleiro de anuncios do Concello de Porriño, desde o 5.7.2024 ata o 21.8.2024, segundo o certificado emitido polo propio Concello.
• Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.
Durante este trámite non se recibiron alegacións.
4. O 28.11.2024, este departamento territorial, de acordo co artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, informou a aquelas persoas afectadas pola declaración, en concreto, de utilidade pública que dispuñan dun período de 15 días hábiles para presentar alegacións, documentos e xustificacións que considerasen pertinentes.
Como non foi posible efectuar a notificación a todas as persoas afectadas, este departamento publicou os correspondentes anuncios no Diario Oficial de Galicia do 26.3.2025 e no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado do 29.3.2025, co fin de realizar a notificación por comparecencia.
Durante este trámite non se recibiron alegacións.
Consideracións legais e técnicas:
1. O Departamento Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio) e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).
2. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:
• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.
• Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.
• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
• Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica.
• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa.
3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:
• Substitución do apoio A1SVIRS2//T16-23 da liña de media tensión aérea (LMTA) ATI727, por un apoio C-3000/16 e instalación de un novo apoio C-4500/18.
• LMTA a 15 kV, con condutor LA-56 en tres actuacións. A primeira é de 94 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-3000/16 e final no apoio proxectado C-4500/18. A segunda é de 143 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-3000/16 e final no apoio existente HV-630/15 (A1RODG2R//T16-23-1). A terceira é de 120 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-4500/18 e final no apoio existente CH-1000/13 (A1PGDDAI1).
• Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1, de 517 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente celosía (A22BP0E0//T16-17) e final no apoio proxectado C-3000/16.
• A instalación está situada no Casal, na parroquia de Mosende, no municipio do Porriño (Pontevedra).
Conforme o indicado,
RESOLVO:
1. Outorgar á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada Substitución do apoio A1SVIRS2//T16-23 da LMTA ATI727, LMTA e nova LMTS ATI727, expediente IN407A 2024/162-4.
2. Declarar a utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica, o que leva implícito a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
Estas autorizacións outórganse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada e de acordo coas seguintes condicións:
1º. As características da instalación axustaranse en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e aos condicionados técnicos impostos polas administracións públicas, organismos ou empresas que presten servizos públicos ou de interese económico xeral, no relativo aos bens e dereitos da súa propiedade que se atopen afectados pola instalación, en especial os relativos ás distancias de seguridade, cruzamentos e paralelismos prescritos pola normativa vixente.
2º. A empresa promotora asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.
3º. En todo momento deberanse cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
4º. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a execución. Unha vez constituídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante este departamento territorial acompañada da seguinte documentación:
• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.
• Un certificado dirección final de obra no que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.
• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución poderá dar lugar á súa revogación, logo da audiencia á promotora, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.
Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.
Pontevedra, 21 de agosto de 2025
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados-concello do Porriño
|
Nº |
Lugar |
Terreo |
Referencia catastral |
Titular |
Apoio |
Afeccións |
||||
|
Nº |
m2 |
ml aér. |
ml sub. |
m2 aér. |
m2 sub. |
|||||
|
1 |
Pereiras |
Rústico |
36039A036003300000DI |
Descoñecido/a |
1 |
1,69 |
2,73 |
8,20 |
||
|
2 |
Novas |
Rústico |
36039A036003020000DZ |
Juan Carlos González Rodríguez |
2 |
1,96 |
14,64 |
35,55 |
||
|
3 |
Novas |
Rústico |
36039A036003030000DU |
Descoñecido/a |
38,30 |
184,41 |
||||
|
4 |
Novas |
Rústico |
36039A036003040000DH |
Hrdos. de José Luis Alonso Serodio |
52,61 |
269,08 |
||||
|
5 |
Novas |
Rústico |
36039A036003050000DW |
Descoñecido/a |
17,03 |
|||||
