O que subscribe, Salvador Otero Morales, veciño do lugar de Rial, nº 15, na parroquia de Poio (San Xoán), concello de Poio (Pontevedra), por este anuncio convoco á asemblea xeral a todos os usuarios de augas co fin de constituírse en comunidade de regantes segundo a lexislación de augas vixente e solicitar a correspondente concesión administrativa. A asemblea terá lugar o 27 de setembro de 2025, ás 11.00 horas en primeira convocatoria e ás 12.00 horas en segunda convocatoria, no local social, coa seguinte orde do día:
1. Formar unha relación nominal de usuarios (nome, DNI, parcela que se vai regar, referencia catastral, sinatura orixinal), constituírse en comunidade de regantes segundo a lexislación de augas vixente e solicitar a concesión administrativa, así como elixir o nome e o domicilio da comunidade.
2. Aprobar as bases ás cales, dentro da lexislación vixente, se terán que axustar os proxectos de ordenanzas e regulamentos polos cales se rexerá a comunidade.
3. Designación dos membros que integrarán a Xunta de Goberno, encargada da dirección da comunidade e da redacción das ordenanzas e regulamentos.
4. Rogos e preguntas.
Poio, 20 de agosto de 2025
Salvador Otero Morales
Presidente da Comunidade de Regantes de Rial
