No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 201, do 2.9.2025, publicáronse íntegramente as bases do proceso selectivo para a cobertura, como funcionario de carreira, de catro prazas de auxiliar administrativo, escala da Administración xeral, subescala Auxiliar, grupo C, subgrupo C2, polo sistema de concurso-oposición pola quenda libre incluídas na oferta de emprego público do Concello de Sarria do ano 2023.
De conformidade co disposto nas citadas bases, o prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios realizaranse na sede electrónica da páxina web municipal: https://sarria.sedelectronica.es
Sarria, 2 de setembro de 2025
Claudio Melquiades Garrido Martínez
Alcalde
