En aplicación do disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (última redacción pola Lei 9/2017, de medidas fiscais e administrativas), procedemos á publicación da referencia dun expediente e da referencia catastral dunha parcela en situación de risco de incendio, por resultar infrutuoso o intento de notificación, co fin de poder continuar co procedemento previsto na normativa, para garantir a protección de vivendas e núcleos habitados fronte a incendios forestais, advertindo expresamente de execución subsidiaria por parte do Concello, de acordo co disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.
O texto íntegro da orde de execución está á disposición da persoa interesada no Servizo de Urbanismo do Concello de Oia.
|
Expediente |
Interesado/a |
Referencia catastral |
Na franxa de protección de 50 m perimetral ao núcleo rural |
|
Gestiona 1622/2025 |
R.O. |
36036A004008100000QJ |
995 m² |
En todo caso, o cómputo dos prazos comezará a contar a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, que neste caso coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Oia, 23 de xuño de 2025
Cristina Correa Pombal
Alcaldesa
