DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 12 de setembro de 2025 Páx. 49589

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de aprobación definitiva do proxecto do axuste da delimitación do polígono de solo urbano non consolidado (UU-R17) do Plan xeral de ordenación municipal de Carballo (expediente 2025/U032/000001).

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria que tivo lugar o 11 de agosto de 2025, acordou aprobar definitivamente o axuste do ámbito de solo urbano non consolidado UU-R17 do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Carballo, segundo os informes técnicos e xurídicos que constan no expediente.

Faise público este acordo, ao abeiro do disposto nos artigos 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 199 do Regulamento desta lei (Decreto 143/2016, do 22 de setembro).

Carballo, 12 de agosto de 2025

O alcalde
P.D. (Decreto 2084, do 23.7.2025)
Mª Belén Lendoiro Esmorís
Primeira tenente de alcalde