DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 15 de setembro de 2025 Páx. 49687

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade en máquinas e instalacións mariñas, pola que se fan públicos os datos dunha nova persoa aspirante que superou o proceso selectivo e se modifica a orde na relación de aspirantes que o superaron.

Na sesión que tivo lugar o día 10 de setembro de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 16 de abril de 2024 (DOG núm. 78, do 19 de abril), modificada pola Resolución do 21 de maio de 2024 (DOG núm. 102, do 28 de maio), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro),

ACORDOU:

Primeiro. Mediante a Resolución do 9 de decembro de 2025 (DOG núm. 237, do 10 de decembro), este tribunal acordou elevarlle á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal a listaxe das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade en máquinas e instalacións mariñas.

Con data do 5 de setembro de 2025, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal requírelle a este tribunal que propoña unha nova persoa aspirante, xa que a proposta co número 3, García Rodríguez, José (***3409**), non presentou a documentación exixida e, polo tanto, perdeu o seu dereito para adquirir a condición de funcionario de carreira no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade en máquinas e instalacións mariñas.

A base III.4 da convocatoria sinala que a orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma da puntuación na fase de concurso. Non poderá superar o proceso selectivo un número superior de persoas ao das prazas convocadas. Para poder superar o proceso selectivo será necesario acadar unha puntuación mínima de trinta (30) puntos.

Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, de se produciren renuncias das persoas seleccionadas antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación as propostas. Por todo isto, este tribunal acorda modificar a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade en máquinas e instalacións mariñas, e facer pública, como anexo a esta resolución, a relación que inclúe unha nova persoa aspirante que superou o proceso selectivo, coas puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal), que ocupa a posición que se reflicte no anexo na orde de persoas aspirantes propostas para o seu nomeamento como funcionarias de carreira, e procédese a renumerar a orde a partir do posto número 3.

Segundo. De conformidade co disposto na base V.2 da convocatoria e de acordo co informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, da tramitación de urxencia, conforme o artigo 33.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e a disposición adicional sétima da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.

Terceiro. Elevar esta relación complementaria á persoa titular da Dirección Xeral do Emprego Público e Administración de Persoal para os efectos de que as persoas afectadas sexan propostas para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

Cuarto. Contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2025

Ana Belén Díaz Fernández
Presidenta do tribunal

ANEXO

Nº de orde

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Puntuación

10

***7597**

Canosa Rey, Ana María

Libre

43,08