Mediante a Resolución do 18 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, fíxose público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 7 de outubro de 2024, polo que se outorgou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, así como a compatibilidade con diversos aproveitamentos forestais da infraestrutura de transporte de enerxía eléctrica denominada LAT 66 kV evacuación parque eólico Olerón, nos concellos de Rois, Lousame e Noia (A Coruña), promovida por Norvento, S.L.U. (DOG núm. 224, do 20 de novembro).
Esta declaración de utilidade pública, segundo o previsto no artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, implica a necesidade de ocupar os bens ou adquirir os dereitos afectados e a súa urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.
En virtude do anterior, este departamento territorial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, acorda convocar todas as persoas afectadas coas que non se chegou a acordo incluídas na relación de bens e dereitos afectados, deducida da publicada mediante a Resolución do 18 de outubro de 2024 e exposta tanto nos taboleiros de anuncios dos concellos de Lousame, Noia e Rois como na páxina web desta consellería: https://medioambiente.xunta.gal/enerxias-renovables/outros-anuncios
Para tal efecto, deberán comparecer os días 28, 29 e 30 de outubro de 2025 na Casa do Concello de Rois; o día 31 de outubro de 2025 na Casa do Concello de Lousame, e os días 4, 5, 6 e 7 de novembro de 2025 na Casa do Concello de Noia, designados como puntos de encontro, co fin de levar a cabo o levantamento de actas previas á ocupación, conforme o procedemento establecido no citado artigo.
Esta convocatoria será comunicada individualmente ás persoas interesadas mediante citación, na cal se indicará expresamente o día e a hora asignados para o levantamento de actas previas á ocupación. Así mesmo, as datas previstas estarán expostas nos taboleiros de anuncios dos citados concellos.
Todas as persoas interesadas, así como aquelas que teñan calquera tipo de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán comparecer persoalmente ou estar representadas por persoa debidamente autorizada, achegando os documentos que acrediten a súa titularidade, podendo ir acompañadas dos seus peritos e dun notario por conta propia.
Así mesmo, advírtese a todas as persoas interesadas que poderán formular alegacións ante este departamento territorial (rúa Vicente Ferrer, 2, A Coruña) ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de emendar posibles erros que se padecesen ao relacionar os bens afectados pola urxente ocupación, segundo establece o artigo 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa.
A Coruña, 11 de agosto de 2025
Mª Pilar Arias Graña
Directora territorial da Coruña
