Conforme o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo os acordos de inicio ditados pola persoa titular do Servizo de Mobilidade da Coruña no expediente sancionador número XC-01433-O-2025 e oito máis, por infracción da normativa sobre transporte terrestre, ao resultar infrutuosa a súa notificación postal. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro do acordo que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas no Servizo de Mobilidade da Coruña.
Outorgáselles un prazo quince (15) días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegaren o que consideren conveniente e presentaren ou propoñeren as probas que consideren oportunas.
No suposto de que decidan voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.
A Coruña, 26 de agosto de 2025
O xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña
P.S. (Resolución do 29.6.2023)
María Aránzazu Díaz Valiño
Xefa da Sección Xurídica I
ANEXO
|
Expediente Matrícula |
DNI/CIF Denunciado |
Infracción denunciada Data-hora-estrada-p.q. |
Precepto cualificador |
Precepto sancionador |
Sanción proposta |
|
XC-01433-O-2025 1190-LGR |
B70896386 |
Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante. 29.11.2024; 17.20; AC-432; 12,684 |
Artigo 141.25 en relación co 140.1 da LOTT |
Artigo 143.1 en relación coa letra f) da LOTT |
801 euros |
|
XC-01943-O-2025 8574-JWB |
B36413839 |
Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante. 10.12.2024; 11.09; N-550; 83,574 |
Artigo 141.25 en relación co 140.1 da LOTT |
Artigo 143.1 en relación coa letra f) da LOTT |
801 euros |
|
XC-01979-O-2025 1166-KVM |
B56616782 |
Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante. 27.1.2025; 18.10; N-550; 30,704 |
Artigo 141.25 en relación co 140.1 da LOTT |
Artigo 143.1 en relación coa letra f) da LOTT |
801 euros |
|
XC-01980-O-2025 5918-MKL |
44497799 |
Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante. 20.1.2025; 11.37; SC-21; 1,195 |
Artigo 141.25 en relación co 140.1 da LOTT |
Artigo 143.1 en relación coa letra f) da LOTT |
801 euros |
|
XC-02336-O-2025 0595-CMY |
B94097615 |
A realización de transportes de produtos alimenticios ou mercadorías perecedoiras utilizando un vehículo que careza do certificado de conformidade para o transporte de mercadorías perecedoiras ou telo caducado ou falseado. 28.2.2025; 3.10; AP-9; 55,5 |
Artigo 141.21 da LOTT Artigo 198.25 do ROTT |
Artigo 201.d) do ROTT Artigo 143.1 da LOTT |
401 euros |
|
XC-02339-O-2025 9817-JBX |
B56514938 |
A realización de transportes de produtos alimenticios ou mercadorías perecedoiras utilizando un vehículo que careza do certificado de conformidade para o transporte de mercadorías perecedoiras ou telo caducado ou falseado. 25.2.2025; 10.10; AC-552; 63,865 |
Artigo 141.21 da LOTT Artigo 198.25 do ROTT |
Artigo 201.d) do ROTT Artigo 143.1 da LOTT |
401 euros |
|
XC-02340-O-2025 9817-JBX |
B56514938 |
Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante. 25.2.2025; 10.10; AC-552; 63,865 |
Artigo 141.25 en relación co 140.1 da LOTT |
Artigo 143.1.en relación coa letra f) da LOTT |
801 euros |
|
XC-02341-O-2025 9817-JBX |
B56514938 |
A desatención total ou parcial das instrucións ou requirimentos dos membros da inspección do transporte terrestre ou das forzas encargadas da vixilancia do transporte na estrada. 25.2.2025; 10.10; AC-552; 63,865 |
Artigo 140.12 da LOTT Artigo 197.13 do ROTT |
Artigo 143.1 da LOTT Artigo 201.i) do ROTT |
4.001 euros |
|
XC-02380-O-2025 5995-LYF |
B02817211 |
Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante. 18.2.2025; 10.35; AP-9; 93,1 |
Artigo 141.25 en relación co 140.1 da LOTT |
Artigo 143.1 en relación coa letra f) da LOTT |
801 euros |
