Conforme o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a resolución ditada pola persoa titular do Departamento Territorial da Coruña no expediente sancionador número XC-00749-O-2025, por infracción da normativa sobre transporte terrestre, ao resultar infrutuosa a súa notificación postal. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas no Servizo de Mobilidade da Coruña.
Comunicáselles que contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada, ante a directora xeral de Mobilidade da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.
En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta empregando o modelo impreso que se facilitará no Servizo de Mobilidade da Coruña.
No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.
A Coruña, 26 de agosto de 2025
O xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña
P.S. (Resolución do 29.6.2023)
María Aránzazu Díaz Valiño
Xefa da Sección Xurídica I
ANEXO
|
Expediente Matrícula |
DNI/CIF persoa sancionada |
Infracción cometida Data-hora-estrada-p.q. |
Precepto cualificador |
Precepto sancionador |
Sanción imposta |
|
XC-00749-O-2025 4950-GSG |
03089897P |
Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo. 5.9.2024; 9.34; N-550; 37,382 |
Artigo 199.9 do ROTT Artigo 142.8 da LOTT |
Artigo 201.b) do ROTT Artigo 143.1 da LOTT |
201 euros |
