A instalación denominada LMTA, LMTS VAA708, CTC e ITC O Carballás foi declarada de utilidade pública mediante Resolución do 1 de abril de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, e ten a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.
Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o 30 de setembro de 2025, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Gondomar.
A persoa interesada recibirá unha notificación individual coa debida antelación legal, en que se lle comunicará a data e a hora na cal deberá presentarse no seu predio e infórmase de que poderá ir acompañada por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o considera conveniente.
Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, de acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Vigo, 25 de agosto de 2025
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
LMTA, LMTS VAA708, CTC e ITC O Carballás
|
Nº |
Referencia catastral |
Lugar |
Representa |
Titular |
Nº apoio |
m2 solo |
ml aérea |
ml sub. |
m2 aérea |
m2 sub. |
|
1 |
2814711NG2621S0001EK |
O Carballás |
Descoñecido |
CT |
14,96 |
4,08 |
16,38 |
|||
|
2 |
54021A072005710000KH |
Baralla |
Descoñecido |
1 |
1,44 |
11,13 |
2,59 |
148,75 |
7,77 |
|
|
3 |
54021A072005700000KU |
Baralla |
Descoñecido |
64,96 |
||||||
|
4 |
54021A072005690000KW |
Baralla |
Descoñecido |
1 |
1,69 |
4,84 |
57,08 |
|||
|
5 |
54021A072005220000KO |
Baralla |
Rosendo Hermida Pérez |
Hros. María Esther Pérez Rodríguez |
29,83 |
|||||
|
6 |
54021A071002540000KT |
Baralla |
Miguel Pérez Carro |
7,56 |
||||||
|
7 |
54021A072005210000KM |
Baralla |
María Doval Vila |
4,66 |
