Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, ignórese o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar…», mediante este a persoa afectada pola expropiación e informada da consignación dos depósitos dos prezos xustos dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución de apoio ACTIMLUX571 da LMTA LES807 e IT que figuran no cadro anexo.
A persoa interesada poderá solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria de Vigo. Na solicitude deberán achegar unha copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figuran como titulares da conta en que se ingresará o depósito.
Vigo, 27 de agosto de 2025
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2023/184-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: Substitución de apoio ACTIMLUX571 da LMTA LES807 e IT.
Concello: A Estrada.
|
Predio |
Referencia catastral |
Titular |
Depósito prezo xusto |
|
1 |
36017Q514003600000UE |
Descoñecido |
2025/54/335 |
