DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 15 de setembro de 2025 Páx. 49788

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 28 de agosto de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa relacionada no anexo os actos que se indican, logo de que fose devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecida a súa destinataria ou porque, intentadas dúas veces a notificación, esta non se puido efectuar.

A persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinaren estes actos na sede deste departamento territorial, situado na rolda da Muralla, número 70, baixo 2º, de Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 28 de agosto de 2025

Gustavo J. Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

CIF/NIF interesado/a

Núm. expediente

Acto que se notifica

33849218A

IN635A 2025/035-2

Trámite de audiencia