DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 15 de setembro de 2025 Páx. 49674

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2025, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no segundo cuadrimestre do ano 2025.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Primeiro. Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, nos meses de maio, xuño, xullo e agosto de 2025, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Segundo. Así mesmo, dar publicidade aos convenios pendentes de publicar subscritos no primeiro cuadrimestre de 2025, pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, que se incorpora como anexo II a esta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2025

Elvira Mª Casal García
Secretaria xeral técnica da Consellería de Cultura,
Lingua e Xuventude

ANEXO I

Denominación do convenio

Achega da consellería

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia (España) e a Helsingin Yliopisto (Finlandia) para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, da literatura e a cultura galegas.

4.000,00 €

2.5.2025

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Fundación Curros Enríquez para a realización de actividades arredor da obra de Curros Enríquez e mantemento da fundación.

15.000,00 €

2.5.2025

Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Fundación Xesús Bal y Gay para a realización do XII festival Bal y Gay.

30.000,00 €

2.5.2025

Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Fundación Rogelio Groba para a colaboración nos gastos de funcionamento da fundación.

10.000,00 €

2.5.2025

Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Fundación Manuel Moldes para levar a cabo a exposición Camaradas.

20.000,00 €

2.5.2025

Convenio plurianual de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Universidade de Santiago de Compostela para desenvolver nos anos 2025, 2026, 2027 e 2028 un programa de actuacións en materia de investigación e dinamización lingüística, a través do Instituto da Lingua Galega.

500.000,00 €

5.5.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, da Xunta de Galicia e a Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario para o financiamento de gastos correntes e de capital destinados á realización de diversas actividades de investigación e divulgativas do noso patrimonio cultural.

120.000,00 €

6.5.2025

Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Fundación Eugenio Granell para a realización de actividades culturais.

12.000,00 €

6.5.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Diocese de Ourense para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das actuacións de conservación e restauración dos inmobles eclesiásticos incluídos no anexo de intervencións vinculadas a este convenio.

Sen custo

6.5.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o Concello de Sober para a realización dunha actuación arqueolóxica de escavación e consolidación no xacemento romano de Proendos Sober, Lugo.

25.000,00 €

6.5.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Corporación Voz de Galicia, S.L.U., para potenciar o uso do idioma galego.

141.917,79 €

6.5.2025

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Asociación Galega de Editoras, para a realización de actividades de promoción e consolidación do sector do libro e para o mantemento da asociación, no ano 2025.

20.000,00 €

7.5.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Ilustre Colexio da Avogacía de Santiago de Compostela para a realización dun programa de actuacións en materia de normalización lingüística.

19.000,00 €

7.5.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Real Academia Galega polo que se instrumentan as subvencións nominativas para accións culturais e de investigación lingüística e para investimentos e se regula o seu réxime de libramentos con cargo aos orzamentos de 2025.

890.000,00 €

7.5.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Fundación Ferama para a renovación do compromiso de integración na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia da Axencia de Lectura da Fundación Ferama.

Sen custo

9.5.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e Lérez Ediciones, S.L.U., para potenciar o uso do idioma galego a través do xornal Diario de Pontevedra que edita esta entidade.

11.214,21 €

9.5.2025

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) para a realización de actividades de promoción do libro e a lectura no ano 2025.

15.000,00 €

12.5.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e El Progreso de Lugo, S.L., para potenciar o uso do idioma galego a través do xornal El Progreso de Lugo que edita esta entidade.

29.388,97 €

12.5.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e Faro de Vigo, S.A.U., para potenciar o uso do idioma galego.

58.004,55 €

12.5.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e La Región, S.A., para potenciar o uso do idioma galego.

20.881,64 €

12.5.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e EPI Prensa, S.L.U. para potenciar o uso do idioma galego no xornal El Correo Gallego.

9.667,42 €

12.5.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e Editorial La Capital, S.L., para potenciar o uso do idioma galego.

10.054,12 €

12.5.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e Rías Baixas Comunicación, S.A., para potenciar o uso do idioma galego a través do xornal Atlántico Diario.

4.640,36 €

12.5.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e La Opinión de A Coruña, S.L.U., para potenciar o uso do idioma galego.

7.733,94 €

12.5.2025

Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Asociación Amigos da Ópera de Vigo para a realización de actividades culturais.

30.000,00 €

13.5.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Central Sindical Independiente y de Funcionarios (CSI-F Galicia) para a realización dun programa de actuacións en materia de normalización lingüística.

1.000,00 €

15.5.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e os concellos de Baleira, Cervantes, Folgoso do Courel, O Incio, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Samos e Triacastela para a posta en marcha do servizo de biblioteca móbil na provincia de Lugo.

Sen custo

15.5.2025

Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade-Cogami para a realización do proxecto EN-RED-ARTE

25.000,00 €

15.5.2025

Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Concello de Ordes para renovación da instalación de iluminación da mostra do traxe Juanjo Liñares.

48.375,21 €

16.5.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Asociación Internacional de Estudos Galegos para a realización dun simposio con motivo da celebración do 40 aniversario da asociación.

7.000,00 €

16.5.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia (España) e a Universidade Católica de Moçambique para a docencia, a investigación e a promoción da lingua, da literatura e da cultura galegas.

4.000,00 €

19.5.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización dunha actuación arqueolóxica de investigación e documentación do xacemento arqueolóxico de Corro dos Mouros, Adai (Santa María Madalena) (Lugo), campaña de 2025.

30.000,00 €

19.5.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o Concello de Portomarín para a realización dunha actuación arqueolóxica de escavación e consolidación no Castro de Castromaior (Portomarín, Lugo).

25.000,00 €

19.5.2025

Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Concello de Bóveda para a cobertura e reforzo estrutural no centro sociocultural de Ruxidoiro no concello de Bóveda.

50.000,00 €

19.5.2025

Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Concello de Rois para o acondicionamento do local social de Ermedelo, lugar de Sabacedo, parroquia de Urdilde.

65.000,00 €

19.5.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e xuventude da Xunta de Galicia e a Universidade Federal da Bahía para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

12.000,00 €

19.5.2025

Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Concello de Marín para equipamento de novo auditorio municipal.

250.000,00 €

20.5.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia para a realización dun programa de actuacións en materia de normalización lingüística.

1.000,00 €

21.5.2025

Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital de Ribeira para a realización do proxecto de rehabilitación funcional-mellora de accesibilidade do museo.

49.000,00 €

21.5.2025

Convenio de colaboración entre a Cultura, Lingua e Xuventude e a Unión General de Trabajadores de Galicia (UGT-Galicia) para a realización dun programa de actuacións en materia de normalización lingüística.

1.000,00 €

22.5.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Fundación Manuel María de estudos galegos para desenvolver un programa de actuacións para difundir, estudar e preservar a obra de Manuel María.

5.000,00 €

22.5.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia (España) e a Eötvös Loránd Tudományegyetem (Hungría) para a docencia, a investigación e a promoción da lingua, da literatura e da cultura galegas.

4.000,00 €

23.5.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Asociación de Escritores/as en Lingua Galega para actuacións en materia de normalización lingüística.

8.000,00 €

26.5.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o Concello de Folgoso do Courel para a realización dunha actuación arqueolóxica de escavación e consolidación e acondicionamento do xacemento arqueolóxico de Pena do Castro-GA270170008 (Folgoso do Courel, Lugo), campaña de 2025.

25.000,00 €

27.5.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e os concellos de Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Castrelo do Val, Cualedro, A Gudiña, Laza, Oímbra, Trasmiras e Vilardevós para a posta en marcha do servizo de Biblioteca Móbil nestes concellos do sur da provincia de Ourense.

Sen custo

27.5.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Fundación Marco para a realización de actividades culturais, didácticas e de difusión durante o ano 2025.

100.000,00 €

27.5.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o Concello de Xove para a realización dunha actuación arqueolóxica de escavación e conservación en Portocelo (San Tirso ) (Xove, Lugo), campaña 2025.

25.000,00 €

28.5.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, o Cabido do conxunto catedralicio de Santiago de Compostela e a Fundación Catedral de Santiago para a restauración de diversos bens artísticos da Capela do Cristo de Burgos da Catedral de Santiago de Compostela.

198.803,00 €

28.5.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a Axencia de Turismo de Galicia e a Deputación Provincial de Pontevedra, no marco da 32ª Edición da Bienal de Pontevedra.

75.000,00 €

30.5.2025

Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Federación Coral Galega para a realización de concertos e cursos.

50.000,00 €

30.5.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e Cáritas Federadas da provincia eclesiástica de Santiago de Compostela-Cáritas Federadas en Galicia para a realización de accións formativas de lingua e cultura galegas.

51.000,00 €

30.5.2025

Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Fundación Gonzalo Torrente Ballester para a realización de actividades culturais.

20.000,00 €

30.5.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Federación de Libreiros de Galicia para a realización das feiras do libro de Galicia no ano 2025 e de actividades de formación, actividades culturais en librarías e dixitalización.

165.000,00 €

30.5.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización dunha actuación arqueolóxica en 2025 na Cova Eirós (Triacastela).

30.000,00 €

2.6.2025

Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Asociación Amigos da Ópera de Santiago de Compostela para a realización de actividades culturais.

18.000,00 €

2.6.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil para a creación do observatorio do libro infantil e xuvenil galego, a realización de actividades culturais de apoio ao libro infantil e xuvenil en Galicia no ano 2025.

25.000,00 €

3.6.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o Concello de Arzúa para a renovación do compromiso de integración na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia da Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro.

Sen custo

4.6.2025

Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Fundación Carlos Casares para a realización de actividades culturais.

12.000,00 €

9.6.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e Cáritas Diocesana de Lugo para a realización de accións formativas de lingua e cultura galegas.

18.000,00 €

10.6.2025

Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Fundación de Banda de Gaitas de Pontevedra para a divulgación da música galega a través da realización de cursos de formación.

15.000,00 €

10.6.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a coordinadora de traballadores/as de Normalización da Lingua para colaborar no desenvolvemento de actuacións de normalización lingüística.

6.000,00 €

12.6.2025

Addenda ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Diocese de Santiago de Compostela para a posta a disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das actuacións de conservación e restauración dos inmobles eclesiásticos incluídos no anexo de intervencións vinculadas ao convenio.

Sen custo

16.6.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Federación Española de Relixiosos de Ensinanza-Centros Católicos (Ferega-Ceca) para realizar actuacións en materia de normalización lingüística.

25.000,00 €

18.6.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Delegación Territorial da ONCE en Galicia para actuacións en materia de normalización lingüística.

2.000,00 €

19.6.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Fundación Antonio Fraguas para a difusión, estudo e preservación da obra de Antonio Fragua Fraguas.

12.000,00 €

19.6.2025

Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Fundación Vicente Risco para a realización de actividades culturais.

10.000,00 €

19.6.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Fundación Vicente Risco para a difusión, o estudo e a preservación da obra de Vicente e Antón Risco.

10.000,00 €

19.6.2025

Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Concello de Vedra para a substitución de cuberta na Nave da Estación, Espazo Escénico e Musical.

150.000,00 €

19.6.2025

Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Concello do Porto do Son para a mellora da eficiencia enerxética da Casa de Cultura de Porto do Son.

150.000,00 €

19.6.2025

Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Deputación Provincial de Ourense para a realización do Festival Xornadas de Folclore 2025.

29.000,00 €

23.6.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Fundación Paco Lareo. A Solaina de Piloño para a realización de actuacións de normalización lingüística e de fomento da cultura galega.

5.000,00 €

24.6.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo para a realización dunha actuación arqueolóxica nas Mámoas das Xunqueiras (Vigo, Pontevedra).

30.000,00 €

25.6.2025

Addenda ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Deputación Provincial de Ourense relativo á utilización de determinadas instalacións e servizos da residencia xuvenil Florentino López Cuevillas e para a promoción da práctica de actividades deportivas entre a xuventude.

Sen custo

25.6.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Arquidiocese de Santiago de Compostela para realizar a restauración de paramentos da Capela de San Pedro, do sepulcro renacentista da Capela de San Bartolomeu e da bóveda policromada da Capela do Cristo de Burgos da Catedral de Santiago.

146.426,60 €

27.6.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Fundación Repsol en materia de normalización lingüística.

Sen custo

27.6.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Academia Galega de Seguridade Pública para a realización de actividades de formación en lingua galega para o ano 2025.

Sen custo

30.6.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia para a realización de actividades de formación en lingua galega para o ano 2025.

Sen custo

2.7.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia (España) e a Bangor University –Prifysgol Bangor– (Reino Unido) para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, literatura e cultura galegas.

78.976,32 €

2.7.2025

Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Deputación Provincial de Pontevedra para a realización do Premio Otero Pedrayo 2025.

8.000,00 €

7.7.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Consello da Cultura Galega en materia de normalización lingüística.

24.000,00 €

11.7.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Concello de Mos para rehabilitación da antiga casa reitoral de Petelos.

200.000,00 €

11.7.2025

Convenio de colaboración entre o Parlamento de Galicia, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Universidade de Santiago de Compostela, para o desenvolvemento de actividades da cátedra institucional Otero Pedrayo da Universidade de Santiago de Compostela.

15.000,00 €

11.7.2025

Convenio de colaboración entre o Parlamento de Galicia, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Universidade de Santiago de Compostela, para o desenvolvemento de actividades da cátedra institucional Castelao da Universidade de Santiago de Compostela.

15.000,00 €

11.7.2025

Convenio de colaboración entre o Parlamento de Galicia, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Universidade de Santiago de Compostela, para o desenvolvemento de actividades da cátedra institucional Carvalho Calero da Universidade de Santiago de Compostela.

15.000,00 €

11.7.2025

Convenio de colaboración entre o Parlamento de Galicia, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Universidade de Santiago de Compostela, para o desenvolvemento de actividades da cátedra institucional Rosalía de Castro da Universidade de Santiago de Compostela.

15.000,00 €

11.7.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia (España) e a Universität Zürich (Suíza) para a docencia, a investigación e a promoción da lingua, da literatura e da cultura galegas.

4.000,00 €

17.7.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Concello da Coruña para a realización de actividades de formación en lingua galega para o ano 2025.

Sen custo

22.7.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Universidade de Estremadura para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, literatura e cultura galegas.

6.000,00 €

22.7.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia (España) e a Sveučilište u Zadru (Croacia) para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, literatura e cultura galegas.

12.000,00 €

23.7.2025

Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Concello de Boimorto para obras de mellora da biblioteca.

114.000,00 €

23.7.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Universidade da Coruña para as actuacións da terceira campaña de escavación arqueolóxica no xacemento de Tralocastro (GA15036002) (Esmelle (San Xoán), Ferrol). Campaña 2025.

25.000,00 €

28.7.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e as Dioceses da Comunidade Autónoma de Galicia para intervencións no patrimonio artístico de titularidade eclesiástica.

600.000,00 €

29.7.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Fundación Castelao para difusión, estudo e preservación da obra de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

15.000,00 €

29.7.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o Concello de Poio para a realización de traballos arqueolóxicos na Illa de Tambo (Poio, Pontevedra).

29.994,69 €

14.8.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e Fundación Museo do Videoxogo de Galicia para a identificación, difusión e preservación do patrimonio vencellado aos videoxogos galegos.

10.200,00 €

20.8.2025

Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Concello de Abegondo para equipamento das instalacións do Pazo da Cultura Os Loureiros.

200.000,00 €

21.8.2025

Convenio de Colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Fundación Galicia Europa para a difusión de oportunidades da UE entre a mocidade galega no exercicio 2025.

21.400,00 €

26.8.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Universidade de Santiago para a coedición da revista Dorna. Expresión poética galega.

3.000,00 €

29.8.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Fundación Otero Pedrayo para o estudo e a preservación da obra de Otero Pedrayo.

8.000,00 €

29.8.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de actuacións de Memoria Democrática en Galicia en 2025.

78.250,31 €

29.8.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o Consorcio para o Desenvolvemento de Aplicacións para a Xestión Universitaria para o desenvolvemento en 2025 e 2026 do programa integral de formación e mentoring destinado ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (Xuventude Mentoring), cofinanciado pola Unión Europea, no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027.

1.200.000,00 €

29.8.2025

ANEXO II

Denominación do convenio

Achega da consellería

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o Padroado do Museo do Pobo Galego para o financiamento durante o ano 2025 de parte dos seus gastos correntes, das actividades culturais e outros gastos de capital.

501.800,00 €

6.3.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Diocese de Tui-Vigo para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das actuacións de conservación e restauración dos inmobles eclesiásticos incluídos no anexo de intervencións vinculadas ao presente convenio.

Sen custo

1.4.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Diocese de Lugo para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das actuacións de conservación e restauración dos inmobles eclesiásticos incluídos no anexo de intervencións vinculadas ao presente convenio.

Sen custo

2.4.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Diocese de Mondoñedo-Ferrol para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das actuacións de conservación e restauración dos inmobles eclesiásticos incluídos no anexo de intervencións vinculadas ao presente convenio.

Sen custo

2.4.2025