No Boletín Oficial da provincia da Coruña co núm. 155, do 18 de agosto de 2025, publícanse as bases aprobadas pola Resolución da Alcaldía núm. 1481/2025, do 12 de agosto de 2025, relativas á seguinte convocatoria:
Unha (1) praza de técnico/a de igualdade, grupo A, subgrupo A2, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, mediante o sistema de concurso-oposición.
O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no BOE.
Betanzos, 18 de agosto de 2025
María Barral Varela
Alcaldesa
