DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 15 de setembro de 2025 Páx. 49802

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cedeira

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual número 2 do Plan xeral de ordenación municipal.

O Pleno municipal, en sesión extraordinaria do 19 de xuño de 2025, aprobou inicialmente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal co acordo que ten o seguinte contido literal:

«Primeiro. Aprobar inicialmente a modificación puntual número 2 do Plan xeral de ordenación municipal para centro de saúde na rúa Río da Veiga (expediente 2023/U038/000002).

Segundo. Someter a información pública o expediente completo de modificación número 2 do Plan xeral de ordenación municipal, por un prazo de dous meses, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal de maior difusión na provincia, e no taboleiro de edictos do Concello, en cumprimento da normativa urbanística e ambiental de aplicación.

Durante o dito período, o expediente, con todos os documentos que o integran, quedará á disposición de calquera que queira examinalo para que se presenten as alegacións que se xulguen pertinentes. Así mesmo, estará á disposición na sede electrónica do Concello.

Tercero. De forma simultánea á información pública, solicitar os informes que sexan preceptivos conforme a normativa urbanística e sectorial de aplicación.

Cuarto. Co acordo de aprobación inicial suspéndese o procedemento de outorgamento de licenzas no ámbito afectado pola modificación puntual número 2 do Plan xeral de ordenación municipal, nos termos expostos no resumo executivo desta, por un prazo máximo de dous anos, contados desde a aprobación inicial, e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva do planeamento».

Así mesmo, estará dispoñible na páxina web deste concello http://www.cedeira.gal

O que se fai público para o xeral coñecemento, para que os interesados presenten as alegacións, reclamacións e suxestións que xulguen convenientes, en cumprimento do estipulado pola lexislación vixente.

O prazo de información pública computarase desde a última publicación obrigatoria.

Cedeira, 17 de xullo de 2025

Xosé Antón Arribe Rodríguez
Alcalde accidental