O Pleno do Concello, na sesión extraordinaria realizada o 31.7.2025, acordou aprobar inicialmente o documento denominado Modificación puntual nº 17 do Plan xeral de ordenación municipal da Coruña no ámbito do sector SURT-2 Parque Ofimático/Xuxán, xullo 2025, promovida polo Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello da Coruña, e redactado por Fernández Carballada Asociados, S.L.P., e asinada polos arquitectos Álvaro Fernández Carballada, Beatriz Aneiros Filgueira e Laura Fernández Suárez, cos números de colexiados no COAG 1.047, 2.137 e 12.752, respectivamente.
En cumprimento do artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigos 144.6 e 207 do seu regulamento (Decreto 143/16), o expediente sométese a información pública polo prazo de dous (2) meses, contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio, no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera persoa poida examinar a modificación puntual e formular as alegacións que procedan.
A documentación estará á disposición no taboleiro de anuncios da sede electrónica do concello, na epígrafe de publicidade oficial, taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, información urbanística; na web de Urbanismo, na epígrafe exposición pública, e no visor Desenvolvemento do planeamento. Tamén poderá consultarse fisicamente nas dependencias da Área de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda do Concello da Coruña (praza de Indalecio Prieto, 1-3), das 9.00 ás 13.00 horas, de luns a venres.
A Coruña, 20 de agosto de 2025
A alcaldesa
P.D. (Decreto 3531/2024, do 19 de xuño; BOP núm. 123, do 27 de xuño)
Francisco Dinís Díaz Gallego
Concelleiro delegado responsable da Área de Urbanismo,
Rehabilitación e Vivenda
