DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 15 de setembro de 2025 Páx. 49805

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO de convocatoria do proceso de provision de postos de traballo, polo sistema de concurso, no servizo de Bombeiros.

No BOP núm. 153, do 13 de agosto de 2025, aparecen publicadas as bases específicas reguladoras da convocatoria para a provisión, polo sistema de concurso, de tres postos de traballo de cabo de bombeiros vacantes neste concello.

A presentación de solicitudes para participar na convocatoria farase no Rexistro Xeral do Concello ou ben mediante o procedemento que regula o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, durante o prazo de quince días hábiles que comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 14 de agosto de 2025

O alcalde
P.D. (Acordo do 11.12.2023; BOP núm. 241, do 20 de decembro)
Susana María Sanjurjo Fraga
Concelleira delegada titular da Área de Facenda, Patrimonio,
Recursos Humanos e Estatística