DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 16 de setembro de 2025 Páx. 49914

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 14 de agosto de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución de baixa das explotacións no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselle á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada a súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Gandaría do Departamento Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural, sitas na rolda da Muralla, núm. 70, 1º baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Lugo, 14 de agosto do 2025

María Olga Iglesias Fontal
Directora territorial de Lugo

ANEXO

Procedemento: baixa das expotacións ES270280232201 e ES270280386801 no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras.

DNI da persoa interesada: 33302862N.

Acto notificado: resolución.