DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 16 de setembro de 2025 Páx. 49913

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 28 de agosto de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a resolución ditada no expediente de reclamación en materia de enerxía eléctrica IN635A 2025/129-4.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada que se relaciona no anexo a resolución no expediente de reclamación, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos. Así mesmo, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para examinar o expediente nas oficinas do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria, sita na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 5º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada perante a Consellería de Economía e Industria no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da súa comparecencia ou ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da devandita Lei 39/2015.

Pontevedra, 28 de agosto de 2025

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente reclamación: IN635A 2025/129-4.

Interesado:

NIF: Y7263142D.

Acto notificado: resolución.