DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 16 de setembro de 2025 Páx. 49911

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 28 de agosto de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica nos concellos de Vimianzo e Zas (expediente IN407A 2024/218-1).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar», mediante o presente anuncio notifícaselles ás persoas sinaladas no cadro anexo a resolución deste departamento territorial, do 28 de xullo de 2025, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica a prol da entidade UFD Distribución Electricidad, S.A.

A citada resolución corresponde ao proxecto de instalación eléctrica denominada Regulamentación LMT VIM-802 apoios 24 a 30, nos concellos de Vimianzo e Zas (expediente IN407A 2024/218-1).

O texto íntegro da resolución que se anuncia está á disposición das persoas interesadas na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2-2º, 15008 A Coruña, na Sección de Enerxía (teléfono de contacto 981 18 49 02), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, a partir da publicación deste anuncio, para solicitaren a remisión da resolución ao enderezo que sinalen.

Contra a resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir da notificación da resolución, ou interpoñer calquera outro recurso que proceda.

A Coruña, 28 de agosto de 2025

O director territorial da Coruña
P.A. (Artigo 40 do Decreto 140/2024, do 20 de maio; DOG nº 101, do 27 de maio)
Lourdes Fernández Parajes
Xefa do Servizo de Industria da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados-concellos de Vimianzo e Zas

Regulamentación LMT VIM-802 apoios 24 a 30

Predio

proxecto

Persoa

propietaria/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección de solo pleno dominio

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica

Natureza do terreo

Apoio núm./CT

Superficie (m2)

ml aér.

ml sot.

m2 aér.

m2 sot.

1

Herdeiras/os de José Pérez Otero

15093A051011630000QA

O Tourallo-Vimianzo

Apoio nº 25

2,0

Rústico

2

Herdeiras/os de Virtudes López Núñez

15094A014000610000TM

Tras da cantera-Zas

Apoio nº 26

2,0

Rústico