DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 16 de setembro de 2025 Páx. 49909

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 28 de agosto de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Trazo (expediente IN407A 2024/076-1).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar», mediante o presente anuncio notifícaselle á persoa sinalada no cadro anexo a resolución deste departamento territorial, do 24 de xullo de 2025, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica a prol da entidade UFD Distribución Electricidad, S.A.

A citada resolución corresponde ao proxecto de instalación eléctrica denominada Instalación de reconectador na LMT SCY-822 apoio ASCOO0JK//146-2, no concello de Trazo (expediente IN407A 2024/076-1).

O texto íntegro da resolución que se anuncia está á disposición das persoas interesadas na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2-2º, 15008 A Coruña, na Sección de Enerxía (teléfono de contacto 981 18 49 02), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, a partir da publicación deste anuncio, para solicitaren a remisión da resolución ao enderezo que sinalen.

Contra a resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir da notificación da resolución, ou interpoñer calquera outro recurso que proceda.

A Coruña, 28 de agosto de 2025

O director territorial da Coruña
P.A. (Artigo 40 do Decreto 140/2024, do 20 de maio)
Lourdes Fernández Parajes
Xefa do Servizo de Industria da Coruña

ANEXO

Instalación de reconectador na LMT SCY 822 apoio ASCOO0JK//146-2

Abreviacións: ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais: ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais; m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2; m2 sot.: superficie de servidume soterrada en m2.

Nº de predio

Lugar/ref. catastral

Cultivo

Propietario e enderezo

Afección de solo en pleno dominio

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica

Apoio nº/centro de transformación

m2

ml aér.

ml sot.

m2 aér.

m2 sot.

1

Lg. Liñares

Ref. catastral: 15087A008002890000SM

Labor/labradío secaño

Descoñecido/a

Apoio

2,0