Primeiro. De conformidade co establecido no artigo 21.4 do Decreto 16/2024, do 18 de xaneiro, polo que se regula o réxime xurídico e o rexistro de montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo, acórdase someter a información pública a solicitude de inscrición do monte «Monte Abertal Arcos de Furcos de Arriba» do concello de Cuntis, por un prazo de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o que se pon en coñecemento de todas as persoas interesadas.
Segundo. A documentación da solicitude de inscrición pódese consultar en:
– Localización: Servizo de Montes de Pontevedra. Avenida Victoria Moreno, núm. 43, 2º.
– Referencia: NPL/bad.
– Horario: das 9.00 ás 14.00 horas.
– Teléfono de contacto: 886 20 65 77 ou 986 80 54 64.
Terceiro. As persoas físicas e xurídicas interesadas e a cidadanía, en xeral, poden facer as suxestións que consideren oportunas a esta solicitude de inscrición, coa presentación a través do procedemento PR004A-Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia:
https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/solicitude-xenerica
Así mesmo, as persoas físicas poderán presentar as súas suxestións a través de escrito en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dirixido ao Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra, 36071 Pontevedra.
Pontevedra, 20 de agosto de 2025
Antonio Crespo Iglesias
Director territorial de Pontevedra
