Ante este Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, tramítase o expediente de clasificación do monte coas seguintes características:
– Expediente: 4/2025.
– Denominación: Santa Leocadia (ampliación).
– Comunidade propietaria: Veciños/as de Santa Leocadia de Parga.
– Concello: Guitiriz.
– Superficie de ampliación: 14,10 hectáreas.
Na seguinte táboa indícanse as referencias catastrais das parcela obxecto de clasificación, así como das estremeiras. Os planos que figuran no anexo, ao final deste anuncio, facilitan a súa localización.
|
Zona |
Parcela obxecto de clasificación |
Vento/linde |
Referencia catastral |
|
Raposeira |
27022A31600121 27022A34000011 27022A34000133 |
Nordeste |
27022A31600115 27022A31609000 27022A31600117 |
|
Leste |
27022A34000134 27022A34000010 27022A34000012 |
||
|
Sur |
27022A34000016 27022A34000021 27022A34000023 |
||
|
Oeste |
27022A34009011 (camiño) 27022A34009017 (camiño) |
||
|
Conchada |
27022A36200009 27022A37300030 27022A37300027 27022A37300031 27022A37300034 27022A37300026 27022A37300023 27022A37300029 27022A37300026 27022A37300025 27022A36200006 |
Norte |
27022A35609010 (camiño) |
|
Leste |
27022A36209004 27022A36200007 |
||
|
Sur |
27022A36200008 27022A36200010 27022A36200011 27022A36209004 (camiño) 27022A37300022 27022A37300022 27022A37300020 27022A37300023 |
||
|
Oeste |
27022A37309005 (curso de auga) |
En virtude do acordado polo xurado na sesión do 23.6.2025 e en cumprimento da orde do instrutor, conforme o disposto na Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, por este anuncio faise pública a iniciación do expediente para a posible clasificación do monte indicado.
Ábrese un período dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas interesadas poidan intervir no expediente e formular as alegacións que coiden oportunas, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen convenientes, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.
Lugo, 27 de agosto de 2025
Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo
