Ao abeiro do disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no uso das competencias atribuídas a este departamento territorial, intentada a notificación das resolucións ditadas nos procedementos no último enderezo coñecido das persoas interesadas, sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícanse a través deste anuncio as ditas resolucións ás persoas citadas nos anexos, que se emprazan para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da data da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, comparezan en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Ourense (rúa Sáenz Díez, núm. 33, baixo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para coñeceren o texto íntegro das resolucións. Transcorrido o dito prazo, de non facelo, terase por efectuada a notificación no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.
Este anuncio publicarase tamén no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Así mesmo, advírtese que contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer a reclamación previa na vía xurisdicional social, perante este departamento territorial, no prazo de trinta (30) días seguintes ao da data da súa notificación, efectuada por comparecencia, segundo o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.
Ourense, 26 de agosto de 2025
Santiago Álvarez González
Director territorial de Ourense
ANEXO I
Procedemento BS650A
|
Nº de expediente |
Persoa interesada |
Resolución |
Data da resolución |
|
32/01038-I/93 |
34724628X |
Extinción |
8.7.2025 |
|
32/00034-I/14 |
44463814F |
Extinción |
4.7.2025 |
|
32/00199-I/21 |
71286821T |
Rehabilitación |
2.6.2025 |
|
32/00151-I/23 |
34970357F |
Modificación |
1.7.2025 |
|
32/00237-I/23 |
76727341P |
Modificación |
8.7.2025 |
|
32/00239-I/24 |
44468591T |
Denegación |
25.6.2025 |
|
32/00022-I/25 |
76713462K |
Denegación |
25.6.2025 |
|
32/00081-I/25 |
45140687J |
Denegación |
26.5.2025 |
|
32/00109-I/25 |
34906484M |
Denegación |
27.5.2025 |
|
32/00138-I/25 |
X8765139T |
Denegación |
26.6.2025 |
ANEXO II
Procedemento BS650G
|
Nº de expediente |
Persoa interesada |
Resolución |
Data da resolución |
|
32/00115-X/17 |
X2754141Y |
Modificación |
9.7.2025 |
|
32/00152-X/23 |
76802865T |
Traslado |
20.6.2025 |
|
32/00149-X/20 |
X4486416J |
Suspensión |
4.7.2025 |
|
32/00163-X/25 |
34927032Z |
Denegación |
29.5.2025 |
