DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 17 de setembro de 2025 Páx. 50152

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 27 de agosto de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se notifican a varias persoas interesadas as resolucións de cambio de titularidade e un requirimento de documentación da zona de concentración parcelaria de Duxame-Insua-Portodemouros (Vila de Cruces-Pontevedra).

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar ou por ser descoñecido o domicilio, notifícanselles ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os actos administrativos sinalados no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da oficina do Servizo de Infraestruturas Agrarias en Lalín (rúa Polideportivo, nº 1, baixo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no BOE.

No caso de requirimento de documentación advírtese que, conforme o artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, de non xuntar os documentos que lle son requiridos no dito prazo se terá por desistido da súa petición.

Pontevedra, 27 de agosto de 2025

Antonio Crespo Iglesias
Director territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente

Interesados/as

Acto que se notifica

CT_019

35256832-V

Requirimento de documentación

CT_021

76781634-H

Resolución de cambio de titularidade

CT_021

32397214-N

Resolución de cambio de titularidade

CT_021

Sara Brea Perdreira

Resolución de cambio de titularidade