DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 17 de setembro de 2025 Páx. 50151

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 27 de agosto de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente DCL-OU-02/2025-UVM.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselle á persoa interesada, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

O acto foi adoptado pola persoa instrutora.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A comparecencia realizarase nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural, Servizo Xurídico-Administrativo, situadas na rúa Florentino L. Cuevillas, 4 e 6, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido este prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida o día da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Ourense, 27 de agosto de 2025

José Antonio Armada Pérez
Director territorial de Ourense

Anexo

Expediente: DCL-OU-02/2025-UVM.

Persoa interesada: 34986669N.

Acto de notificación: proposta de resolución de expediente sancionador.