DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 17 de setembro de 2025 Páx. 50032

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2025 pola que se dá publicidade de varios encargos realizados ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) e a súa filial Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec).

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de setembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade aos seguintes encargos a medio propio:

1. Resolución do 2 de xuño de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) o servizo de actividades auxiliares de apoio nas actuacións da Subdirección Xeral de Infraestruturas Agrarias e na aplicación do Plan de controis da submedida 4.30 de Feader e da intervención: 68432 (axudas e investimentos en infraestruturas agrarias para o fomento da competitividade) do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC).

– Actividade: colaboración na preparación das actuacións, comprobación da adecuación da documentación incorporada, mantemento e xestión da base de datos e apoio no seguimento das actuacións en execución que se realiza desde a Oficina Supervisora de Proxectos.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio, ao ter Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xullo de 2025 ata o 30 de xuño de 2027.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento cincuenta e cinco mil douscentos euros con corenta e catro céntimos (155.200,44 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.06.551A.640.1 (código de proxecto 2020 00079).

2. Resolución do 4 de xuño de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) o servizo de prestación de apoio técnico na revisión e no seguimento na execución de obra de proxectos da Subdirección Xeral de Infraestruturas Agrarias_anualidade 2025-2026.

– Actividade: revisión técnica dos proxectos e seguimento destes para unha maior garantía na realización das obras ao reducir posibles erros ou indefinicións que repercutan negativamente na realización ou no custo da obra.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio, ao ter Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xullo de 2025 ata o 30 de xuño de 2026.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de douscentos setenta e un mil trescentos nove euros con setenta e dous céntimos (271.309,72 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.06.551A.640.1 (código de proxecto 2020 00079).

3. Resolución do 27 de xuño de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) as actuacións de caracterización da cuberta vexetal e a elaboración de documentación técnica.

– Actividade: traballos de campo e gabinete para a caracterización da cuberta vexetal (especies, altura, grosor, tipo de solo, fracción de cabida cuberta...) de 600 parcelas de campo.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio, ao ter Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o día seguinte ao da sinatura da acta de inicio, unha vez asinada a orde de execución, e ata o 15 de novembro de 2025.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de sesenta e nove mil catrocentos once euros con sesenta e un céntimos (69.411,61 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.02.551B.640.1 (código de proxecto 2024 00231).

4. Resolución do 1 de xullo de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a construción dunha base de helicópteros para a prevención e a defensa contra os incendios forestais en Lalín (Pontevedra), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027.

– Actividade: construción dunha base aérea con heliporto para a prevención e a defensa contra incendios forestais, así como edificación para brigadas, tripulacións e a zona de control do heliporto.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio, ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 12 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de tres millóns douscentos trinta e dous mil sesenta e dous euros con noventa e dous céntimos (3.232.062,92 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.02.551B.622.1 (código de proxecto 2024 00213).

5. Resolución do 10 de xullo de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a humanización no núcleo rural de Miraz (Friol-Lugo).

– Actividade: humanización do viario de titularidade municipal, cunha superficie total de actuación de 2.094,30 m2, mediante a demolición do pavimento existente, a execución de novo pavimento de formigón desactivado e a instalación de bancos e zona verde con macizo vexetal.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio, ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 4 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento corenta e nove mil novecentos vinte e dous euros con trinta e seis céntimos (149.922,36 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.06.551A.604.1 (código de proxecto 2016 00219).

6. Resolución do 11 de xullo de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) o proxecto básico e de execución para a mellora das instalacións gandeiras do Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia (Coles-Ourense), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia (PDR) 2014-2022.

– Actividade: actuacións nas distintas edificacións/instalacións existentes, tales como almacén agrícola, silos e esterqueira, alpendres, nave de recría, peche de muro de bloque, camiño, peche de parcela, sistema de captación de auga potable e canalizacións.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio, ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 5 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de setecentos catorce mil cincocentos vinte e tres euros con sete céntimos (714.523,07 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.04.713C.632.0 (código de proxecto 2016 00191).

7. Resolución do 14 de xullo de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a mellora na rede de saneamento nos novos viarios da parcelaria en Baión (Vilanova de Arousa-Pontevedra).

– Actividade: mellora de cinco colectores da rede de saneamento na parroquia de Baión, do concello de Vilanova de Arousa, mediante a colocación de tubaxe, logo de execución en zanxa e posterior recheo, a execución de 65 pozos de rexistro, a conexión con rede existente e a anulación de conexións da rede que se vai substituír e a mellora da estación de bombeo EBAR Barcia I.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio, ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 4 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de douscentos setenta e sete mil setecentos noventa e catro euros con vinte e oito céntimos (277.794,28 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.06.551A.604.1 (código de proxecto 2016 00219).

8. Resolución do 16 de xullo de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a prestación dos servizos técnicos para a realización de traballos de apoio á Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural na realización de tarefas derivadas da súa condición de autoridade de xestión de programas ou plans financiados co Feader ou outros fondos agrarios.

– Actividade: tarefas de apoio á Secretaría Xeral Técnica derivadas da súa condición de Autoridade de xestión, á Subdirección Xeral de Planificación e Coordinación de Fondos Agrarios e ao Servizo de Coordinación e Seguimento dos Fondos Agrarios, tales como o apoio técnico e xurídico na xestión e coordinación do PDR e do PEPAC, o apoio nas tarefas de seguimento, a avaliación e a preparación do informe intermedio anual, do exame anual, da avaliación ex post e das modificacións do PDR e do PEPAC.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio, ao ter Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 16 de xullo de 2025 ata o 15 de xullo de 2029.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de un millón douscentos vinte e sete mil setecentos sesenta e catro euros con vinte céntimos (1.227.764,20 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.01.711A.640.2 (código de proxecto 2016 00184 e 2025 00135).

9. Resolución do 16 de xullo de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) o servizo de traballos técnicos de colaboración co Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) na supervisión dos controis das axudas financiadas polos fondos agrarios durante os anos 2025-2027.

– Actividade: análise e estudo dos contidos dos manuais de procedemento, plans e instrucións de control elaborados polos órganos delegados para garantir a súa coherencia e o cumprimento da normativa de aplicación. Supervisión dos controis realizados polos centros xestores de axudas non SIXC coa función de autorización delegada. Elaboración da estatística de control dos fondos agrarios mediante a recompilación de datos, a preparación de ficheiros e a realización de cruzamentos e conciliacións.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio, ao ter Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 16 de xullo de 2025 ata o 15 de xullo de 2027.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de cincocentos dezasete mil douscentos cincuenta e cinco euros con sesenta e oito céntimos (517.255,68 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.01.711A.640.2 (código de proxecto 2016 00184 e 2025 00135).

10. Resolución do 28 de xullo de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a execución das obras de acondicionamento e mellora do aeródromo de Támega (Ourense), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027.

– Actividade: proxéctanse unha serie de actuacións de mellora e acondicionamento que afectan principalmente o edificio principal, a pista de aterraxe e o aparcamento; ademais disto levaranse a cabo actuacións de sinalización, mantemento de instalacións e posta en valor de gravados rupestres.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio, ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 6 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de douscentos oitenta e tres mil cento cincuenta e sete euros con vinte e oito céntimos (283.157,28 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.02.551B.632.1 (código de proxecto 2024 00213).

11. Resolución do 1 de agosto de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a rede de camiños, as canles de drenaxe e as obras de paso da zona de reestruturación parcelaria de Triabá (Castro de Rei-Lugo), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027.

– Actividade: actuacións en 30 camiños de nova apertura, 13 canles de drenaxe, limpeza e reapertura de canles, construción de balsas de decantación e 5 pontóns de luces.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio, ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 30 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de catro millóns douscentos setenta e un mil trescentos un euros con noventa e cinco céntimos (4.271.301,95 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.06.551A.604.1 (código de proxecto 2024 00102).

12. Resolución do 7 de agosto de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a construción de puntos de auga nos concellos de Lalín, Cerdedo-Cotobade, Dozón, Silleda e Rodeiro no Distrito Forestal XVI: Deza-Tabeirós, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027.

– Actividade: construción de tres puntos de auga para a carga de vehículos contra incendios e dous de carga para helicópteros nos concellos indicados.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio, ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 12 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de trescentos tres mil trescentos cincuenta e catro euros con trinta e cinco céntimos (303.354,35 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.02.551B.622.1 (código de proxecto 2024 00115).

13. Resolución do 11 de agosto de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) o proxecto de colaboración de servizos técnicos para a colocación dos marcos consecuencia das modificacións e resolucións do acordo nas zonas de concentración parcelaria de Ourense, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027.

– Actividade: as modificacións do acordo, da resolución de recursos, dos recoñecementos de titularidade e da desaparición de marcos por obras de concentración/reestruturación parcelaria provocan que se faga necesario proceder á xeocolocación e xeorreferenciación dos novos predios e á colocación dos marcos que delimitan os predios resultantes do proceso concentrador da provincia de Ourense.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio, ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 24 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de corenta e catro mil tres euros con vinte e oito céntimos (44.003,28 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.06.551A.604.1 (código de proxecto 2024 00181).

14. Resolución do 13 de agosto de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a construción de puntos de auga nos concellos de Cervantes, A Fonsagrada, Navia de Suarna e Ourol nos distritos forestais VII A Fonsagrada-Os Ancares e VI A Mariña Lucense, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027.

– Actividade: construción de dous puntos de auga para a carga de helicópteros e tres depósitos de formigón para motobombas nos concellos indicados.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio, ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 12 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de seiscentos vinte mil dezaoito euros con oitenta e nove céntimos (620.018,89 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.02.551B.622.1 (código de proxecto 2024 00115).

15. Resolución do 13 de agosto de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) as obras de acondicionamento e mellora da base aérea de Xurés (Ourense), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027.

– Actividade: proxéctanse unha serie de actuacións de acondicionamento e mellora que afectan principalmente a renovación e a ampliación do peche perimetral da base, a adecuación e a mellora do contorno da helipista e o desprazamento do cubeto de combustible.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio, ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 6 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de cincocentos sesenta e seis mil setecentos dez euros con setenta e dous céntimos (566.710,72 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.02.551B.632.1 (código de proxecto 2024 00213).

16. Resolución do 13 de agosto de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) o proxecto de obras de mellora nas instalacións gandeiras do Centro de Razas Equinas Autóctonas de Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia (PDR) 2014-2022.

– Actividade: tarefas de reparación ou mantemento daqueles edificios e instalacións que o precisen para permitir o normal funcionamento do centro mediante actuacións na nave de hípica, cortes, laboratorio, portal de acceso ao recinto, sala de alimentación e boxes.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio, ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 3 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de noventa e catro mil catrocentos trece euros con cincuenta e un céntimos (94.413,51 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.04.713C.632.0 (código de proxecto 2016 00191).

17. Resolución do 25 de agosto de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) o servizo técnico para as actuacións de apoio técnico previo á preparación dos informes aos recursos de alzada contra o acordo, así como propostas de modificación de bases e acordo para a validación documental co obxecto da inmatriculación rexistral das zonas de reestruturación parcelaria. Anualidade 2025-2026.

– Actividade: actuacións de soporte técnico ao persoal funcionario responsable dos procesos de reordenación da terra agraria na Comunidade Autónoma de Galicia, nos informes previos aos recursos de alzada contra o acordo, así como propostas de modificación de bases e acordo para a validación documental co obxecto da inmatriculación rexistral das zonas de reestruturación parcelaria mediante traballos de preparación de antecedentes, a análise de datos, a comprobación, a actualización e a validación de documentación gráfica e alfanumérica nos procesos de concentración/reestruturación parcelaria.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio, ao ter Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 5 de setembro de 2025 ata o 5 de setembro de 2026.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de un millón cincocentos vinte e un mil cincocentos trinta e dous euros con oitenta e oito céntimos (1.521.532,88 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.06.551A.640.1 (código de proxecto 2020 00079).

18. Resolución do 27 de agosto de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a segunda fase de camiños secundarios e mellora de entradas aos predios de substitución nas zonas de concentración parcelaria de Tremoedo e Oubiña 2º sector (Vilanova de Arousa e Cambados-Pontevedra), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027.

– Actividade: 40 camiños de nova apertura cunha lonxitude total de 5.488,35 m, 8 camiños de mellora cunha lonxitude total de 1.942,41 m e acondicionamento de predios mediante o desmonte, o terraplén e o asfaltado.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio, ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 18 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de un millón cincocentos nove mil trescentos setenta e seis euros (1.509.376,00 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.06.551A.604.1 (código de proxecto 2024 00102).

19. Resolución do 27 de agosto de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) os camiños secundarios e acondicionamento de entradas da zona de reestruturación parcelaria de Dodro-Laíño II (Dodro-A Coruña), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027.

– Actividade: actuacións nun total de 30 camiños, cunha lonxitude total de 4.620,45 m, dos que 8 son de nova apertura e 22 son de acondicionamento. No relativo ao acondicionamento de entradas, proxéctanse 48 accesos a predios con desmonte e terraplén.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio, ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 10 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de catrocentos cincuenta e oito mil cincocentos setenta e nove euros con dez céntimos (458.579,10 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.06.551A.604.1 (código de proxecto 2024 00102).

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2025

María José Gómez Rodríguez
Conselleira do Medio Rural