DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 17 de setembro de 2025 Páx. 50045

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2025 pola que se dá publicidade de varios encargos realizados ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga).

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de setembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade aos seguintes encargos a medio propio:

1. Resolución do 7 de maio de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a execución de obras de prevención de incendios forestais e reforestación dentro do Plan de recuperación de áreas afectadas por incendios forestais nos distritos forestais VIII-Terra de Lemos e IX-Lugo-Sarria.

– Actividade: creación e mellora das infraestruturas preventivas como devasas, pistas forestais, puntos de auga e mellora da resiliencia das masas arbóreas fronte ao lume en diversos montes de xestión pública nos distritos forestais VIII-Terra de Lemos e IX-Lugo-Sarria.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: 18 meses.

– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de novecentos vinte e cinco mil oitocentos vinte e un euros con vinte e seis céntimos (925.821,26 €) con cargo á aplicación orzamentaria 15.03.713B.604.0 (código de proxecto 2023 00256).

2. Resolución do 7 de maio de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) actuacións para prevención urxente das enfermidades fúnxicas en masas de Pinus radiata en Galicia para os anos 2025 e 2026, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027.

– Actividade: accións preventivas necesarias sobre as masas de coníferas que non sexan de xestión pública mediante tratamento fitosanitario das enfermidades fúnxicas.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o día seguinte ao da sinatura da orde de execución ata o 31 de decembro de 2026.

– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade dun millón douscentos setenta e dous mil cincocentos noventa e nove euros con trinta céntimos (1.272.599,30 €) con cargo á aplicación orzamentaria 15.03.713B.604.0 (código de proxecto 2024 00112).

3. Resolución do 6 de xuño de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a construción de tres puntos de auga para a prevención e defensa contra os incendios forestais nos concellos de San Xoán de Río, Cualedro e Muíños, da provincia de Ourense, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027.

– Actividade: construción de tres depósitos de auga con capacidade para a carga de helicópteros, autobombas e camións nutrices que traballan na prevención e defensa contra incendios forestais.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: 12 meses.

– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de douscentos setenta mil cento un euros con corenta e dous céntimos (270.101,42 €) con cargo á aplicación orzamentaria 15.02.551B.622.1 (código de proxecto 2024 00115).

4. Resolución do 6 de xuño de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a construción de tres puntos de auga para a prevención e defensa contra os incendios forestais nos concellos de Rois, Porto do Son e Ribeira, no ámbito do distrito forestal IV, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027.

– Actividade: construción de tres depósitos de auga para a carga de medios aéreos e terrestres nos labores de prevención e defensa contra os incendios forestais.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: 12 meses.

– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento trinta e sete mil cincocentos cincuenta e catro euros con vinte e seis céntimos (137.554,26 €) con cargo á aplicación orzamentaria 15.02.551B.622.1 (código de proxecto 2024 00115).

5. Resolución do 4 de xullo de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a mellora de pavimentación de camiño municipal entre Portopereiro e Cosoirado (Moraña-Pontevedra).

– Actividade: pavimentación dun camiño municipal entre os lugares de Portopereiro e Cosoirado (Moraña-Pontevedra), cunha lonxitude de actuación de 970 metros, mediante estendido de mestura bituminosa en quente, rega de adherencia, fresado puntual en entronques e limpeza de superficies e cunetas.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: 4 meses.

– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de trinta e dous mil tres euros con vinte e sete céntimos (32.003,27 €) con cargo á aplicación orzamentaria 15.06.551A.604.1 (código de proxecto 2016 00219).

6. Resolución do 30 de xullo de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a execución de obras de restauración do souto e plantación en Vilar en Folgoso do Courel (Lugo).

– Actividade: roza mecanizada e manual en pendentes, eliminación de árbores queimadas, corta polo pé e desembosque, recuperación de pés vivos e repoboación con 700 castiñeiros enxertados con variedades tradicionais galegas.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o día seguinte ao da sinatura da acta de comprobación da implantación, unha vez asinada a orde de execución, e ata o 30 de novembro de 2026.

– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de douscentos setenta e cinco mil trinta e nove euros con oitenta e tres céntimos (275.039,83 €) con cargo á aplicación orzamentaria 15.03.713B.604.0 (código de proxecto 2023 00256).

7. Resolución do 7 de agosto de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a infraestrutura preventiva no Monte Veciñal en Man Común de Flariz (Monterrei-Ourense), cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027.

– Actividade: creación dunha área devasa mediante a instalación dun sistema de peche gandeiro que permita a introdución de animais que se encarguen do control da biomasa vexetal. Previamente á construción do peche será necesario realizar unha roza e posterior adecuación do trazado do peche.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o día seguinte ao da sinatura da acta de comprobación da implantación, unha vez asinada a orde de execución, e ata o 30 de novembro de 2025.

– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de corenta mil cincocentos setenta e un euros con vinte e seis céntimos (40.571,26 €) con cargo á aplicación orzamentaria 15.02.551B.601.1 (código de proxecto 2024 00115).

8. Resolución do 7 de agosto de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a infraestrutura preventiva no Monte Veciñal en Man Común de Testeiro e comunal do Canizo nos concellos da Gudiña e Viana do Bolo (Ourense), cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027.

– Actividade: mellora de pista forestal mediante roza de marxes, movemento de terras, colocación de pasos de auga para xestión das augas de choiva e dotación de firmes.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o día seguinte ao da sinatura da acta de comprobación da implantación, unha vez asinada a orde de execución, e ata o 30 de novembro de 2025.

– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento setenta e nove mil catrocentos noventa e un euros con oitenta céntimos (179.491,80 €) con cargo á aplicación orzamentaria 15.02.551B.601.1 (código de proxecto 2024 00115).

9. Resolución do 19 de agosto de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a construción de infraestruturas forestais de apoio a sistemas agroforestais en montes dos concellos de Rianxo e Lousame, cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027.

– Actividade: instalación de peches para un uso racionalizado do gando conforme os obxectivos pastorais de diversos montes de xestión pública nos concellos de Rianxo e Lousame, na provincia da Coruña, mediante rozas, retirada de arboredo, instalación de postes e malla cinexética e construción de obras complementarias como portas ou pasos canadenses.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o día seguinte ao da sinatura da acta de comprobación da implantación, unha vez asinada a orde de execución, e por un período de 9 meses.

– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de trescentos trinta e nove mil noventa e nove euros con corenta e oito céntimos (339.099,48 €) con cargo á aplicación orzamentaria 15.03.713B.604.0 (código de proxecto 2024 00107).

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2025

María José Gómez Rodríguez
Conselleira do Medio Rural