Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante este a persoa afectada pola expropiación e informada da consignación dos depósitos dos prezos xustos dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución do apoio 9SMXWQ71//60-A2 da LMT ROS806 e instalación RC que figuran no cadro anexo.
A persoa interesada poderá solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria de Vigo. Na solicitude deberá achegar unha copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figure como titular da conta en que se ingresará o depósito.
Vigo, 1 de setembro de 2025
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2023/102-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: Substitución do apoio 9SMXWQ71//60-A2 da LMT ROS806 e instalación RC.
Concello: O Rosal.
|
Predio |
Referencia catastral |
Titular |
Depósito prezo xusto |
|
1 |
36048B505008170000UE |
Descoñecido |
2025/54/341 |
