DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 17 de setembro de 2025 Páx. 50138

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 1 de setembro de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se notifica ás persoas interesadas a constitución do depósito de pagamento do prezo xusto polas afectacións derivadas da construción dunha instalación eléctrica nos concellos da Peroxa, Nogueira de Ramuín e O Pereiro de Aguiar (expediente IN407A 2023/31-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio cítanse os titulares dos predios relacionados no anexo para seren notificados por comparecencia, por non ser posible a notificación prevista na citada norma, da constitución, por parte da empresa beneficiaria, do depósito de pagamento do prezo xusto e xuros de demora acordado mediante a Resolución do Xurado de Expropiación de Galicia, relativo ás afectacións derivadas da construción da instalación eléctrica denominada Peche derivadas PRS811, VLL810 e VLL825, situada nos concellos da Peroxa, Nogueira de Ramuín e O Pereiro de Aguiar.

As persoas titulares ou os seus representantes deberán comparecer no prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do BOE, nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez, 1, 4º andar, 32003 Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Na comparecencia terán que presentar unha copia do seu DNI/NIF, a documentación que os acredite como titulares dos predios afectados e unha certificación de titularidade da conta bancaria onde se lles ingresará a cantidade correspondente ao depósito constituído ao seu favor. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU).

Ourense, 1 de setembro de 2025

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2023/31-3.

Instalación: peche derivadas PRS811, VLL810 e VLL825.

Concellos: A Peroxa, Nogueira de Ramuín e O Pereiro de Aguiar.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Data do depósito

3

Cortiña

32053A018007460000IU

Manuel Vilanova Marica

18.7.2025

5

Sequeiro

32053A018007490000IA

Manuel Pereira Rodríguez

18.7.2025

8

Bodega

32060A068007280000QP

Antonio Fernández Rodríguez

18.7.2025

11

A Bodega

32060A068002600000QO

María del Carmen Rodríguez Fernández

18.7.2025

14

Forniño

32060A068002640000QX

Emilia Iglesias Moure

18.7.2025

23

Monte da Mariña

32060A069000390000QM

Antonio Taboada Fernández

18.7.2025

31

Monte Bouza

32060A069003080000QZ

Descoñecido/a

18.7.2025

36

Granxa

32059A007003530000OX

Josefa Pérez

18.7.2025