DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 18 de setembro de 2025 Páx. 50171

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2025 pola que se adxudican bolsas ao abeiro da Orde do 4 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva para o curso 2025/26, e pola que se procede á súa convocatoria (código de procedemento DE400A).

De acordo co artigo 12 da Orde do 4 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva para o curso 2025/26, e pola que se procede á súa convocatoria (código de procedemento DE400A) (DOG número 115, do 18 de xuño), e conforme o informe da Comisión de Selección, o 11 de agosto de 2025 a Secretaría Xeral para o Deporte formulou a proposta de resolución provisional das bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) para a tempada 2025/26. O mesmo día publicouse a proposta de resolución provisional na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte e concedeuse un prazo de 10 días para presentar alegacións, que rematou o 26 de agosto de 2025.

Presentou unha alegación Ariadna Becerra Bernárdez, quen presenta o certificado de deportista DGAN, o cal se acepta para a súa valoración.

Por outra banda, Lucía da Costa Piñeiro presentou a súa renuncia o 25 de agosto de 2025, polo que se elimina da relación de persoas beneficiarias e se propón a seguinte persoa da lista de reserva por puntuación.

Segundo o artigo 16 das bases reguladoras, «O número de prazas convocadas é de 6. Para a súa cobertura atenderase, de ser posible en función das solicitudes presentadas, a criterios paritarios, de tal forma que 3 prazas sexan ocupadas por persoas do sexo feminino e as outras 3 por persoas do sexo masculino, coa finalidade de garantir unha correcta atención ao colectivo de deportistas do centro. Con esta finalidade, as prazas destinadas a cada sexo serán ocupadas polas persoas dese sexo que acaden a maior puntuación, en aplicación dos criterios de valoración previstos no artigo 9. No caso de que, polo número de solicitudes presentadas, non sexa posible cubrir as prazas reservadas a un dos sexos, serán cubertas polas persoas solicitantes do outro sexo».

O 9 de setembro de 2025 a Secretaría Xeral para o Deporte formulou a proposta de resolución definitiva de adxudicación das bolsas.

O artigo 12 das bases reguladoras establece que, baseándose na proposta de resolución definitiva, a persoa titular da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes ditará a resolución pola que se adxudican as bolsas para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva para o curso 2025/26. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e, así mesmo, será igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte.

De acordo co exposto,

RESOLVO:

Adxudicar as bolsas de persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva para o curso 2025/26, segundo a relación que figura como anexo I desta resolución.

As persoas beneficiarias disporán dun prazo de dez días para a súa aceptación, transcorrido o cal sen que se produza manifestación expresa se entenderá tacitamente aceptada.

As baixas que se produzan unha vez publicada a listaxe definitiva terán que ser comunicadas inmediatamente e por escrito ao enderezo de correo cgtd@xunta.gal para que poidan ser cubertas.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2025

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes
P.D. (Orde do 12.6.2024; DOG núm. 117, do 18 de xuño)
José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte

ANEXO I

Listaxe de persoas colaboradoras no CGTD e listaxe de reserva

Persoa solicitante colaboradora

Muller /home

Nova/ renova

Estudante CCAFD, univ., CFS

Puntos

Proxecto de actividades

Puntos

DGAN/DAN/DAR/CGTD

Puntos

Titulo CCAFD / maxisterio/

téc. deportivo

Puntos

Informe da Dirección

Puntos

Total de puntos

1

Picón Voces, Carlos Gutier

Home

Renova

CCAFD

6,0

2

2,0

DGAN/CTD

5,0

0,0

3

3,0

16,00

2

Bello Álvarez, Saúl

Home

Renova

Universitarios

3,0

0

0,0 

DGAN/CGTD

5,0

CCAFD 

4,0

3

3,0

15,00

3

Giadás Couselo, Aarón

Home

Renova

CCAFD

6,0

4

4,0

0,0

 

0,0

3-

3,0 

13,00

4

Lata Cagiao, Irene

Muller

Nova

Universitarios

3,0

0,0

DGAN/CGTD 

5,0 

 Maxisterio

3,0

-

 

11,00

5

Vázquez García, Luis

Home

Nova

CFS

2,0

3

3,0

 

 

T. deportivo 

3,0

-

 

8,00

6

Becerra Bernárdez, Ariadna

Muller

Nova

CFS

2,0 

 

DGAN

4,0

T. deportivo 

1,0

0,0

7,00

Reserva

7

Gómez Dacunha, Héctor

Home

Renova

CFS

2,0

2

2,0 

 

 

 

3

3,0 

7,00

8

Hernández Pérez, Diego

Home

Nova

CFS

2,0

2,0

Non admitidas

9

Oviedo Miranda, Erika Alexandra

Muller

Nova

0,0

10

Picón Voces, Iria Julia

Muller

Nova

3

3,0

3,0