DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 18 de setembro de 2025 Páx. 50196

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2025, da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se dá publicidade do esgotamento de crédito do Programa de primeira experiencia profesional mocidade (código de procedemento TR353C), da Orde do 5 de maio de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para promover a primeira experiencia profesional das persoas mozas menores de 30 anos mediante contratos formativos, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (Diario Oficial de Galicia número 95, do 20 de maio).

Primeiro. A Orde do 5 de maio de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para promover a primeira experiencia profesional das persoas mozas menores de 30 anos mediante contratos formativos establece no artigo 4 que a concesión das subvencións estará condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente nestes programas. De ser o caso, e de acordo co disposto no artigo 31.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, publicarase mediante resolución da persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais o esgotamento das partidas orzamentarias asignadas.

Segundo. A dita orde establece no seu artigo 19.3 que, en aplicación dos principios de eficacia na asignación e utilización dos recursos públicos establecidos na Lei de subvencións de Galicia, e ao ser unha convocatoria de subvencións en concorrencia non competitiva, a orde de prelación para resolver as solicitudes virá determinada pola data en que se presentou a documentación completa requirida nas bases reguladoras, ata esgotar o crédito.

Terceiro. O artigo 4.1 da Orde do 5 de maio de 2025 establece o financiamento con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025 a través dos créditos consignados na aplicación 14.02.322C.472.0, código de proxecto 2025 000120, cun crédito de 6.281.403 €.

Cuarto. A Orde do 10 de xullo de 2025 fixo pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas da Orde do 5 de maio de 2025 na aplicación 14.02.322C.472.0, código de proxecto 2025 00120, na contía de 468.881,74 €.

En virtude do anterior, a persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, por delegación do conselleiro,

RESOLVE:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do esgotamento do crédito con cargo á aplicación orzamentaria indicada no ordinal terceiro, ao abeiro do Programa de primeira experiencia profesional mocidade (código de procedemento TR353C), da Orde do 5 de maio de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para promover a primeira experiencia profesional das persoas mozas menores de 30 anos mediante contratos formativos, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025:

– Aplicación orzamentaria: 14.02.322C.472.0, día 3.6.2025, 11.50.48 horas (expediente TR353C-2025-421-00).

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2025

Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais