No Diario Oficial de Galicia núm. 59, do 26 de marzo de 2025, publicouse a Orde da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, do 27 de febreiro de 2025, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas para o libro galego, dirixidas á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento CT221C).
De conformidade co artigo 15 da dita orde, o órgano competente para resolver é a persoa titular da Dirección Xeral de Cultura, por delegación da persoa titular da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e por proposta do órgano instrutor, segundo o previsto no artigo 14.
Así mesmo, a publicación da resolución definitiva substituirá a notificación persoal e producirá os mesmos efectos de acordo co artigo 15 da orde, e de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e as correspondentes resolucións do procedemento, por ser de concorrencia competitiva, deben ser obxecto de publicación, que producirá os efectos de notificación.
Polo exposto, tras a presentación das solicitudes, unha vez finalizada a instrución e a fiscalización, e ditada o día 25 de agosto a resolución que pon fin ao procedemento,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do contido íntegro da Resolución do 25 de agosto de 2025 de concesión das axudas convocadas ao abeiro da Orde da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, do 27 de febreiro de 2025, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas para o libro galego, dirixidas á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento CT221C), que se xunta como anexo desta resolución.
Segundo. Comunicar que a Resolución do 25 de agosto de 2025, que pon fin a este procedemento, esgota a vía administrativa e que contra ela se poderá interpor potestativamente un recurso de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes que se contará a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Esta resolución tamén poderá ser impugnada directamente ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o órgano contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2025
Anxo M. Lorenzo Suárez
Director xeral de Cultura
ANEXO
Resolución do 25 de agosto de 2025 de concesión das axudas convocadas ao abeiro da Orde do 27 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas para o libro galego, dirixidas á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento CT221C)
Vista a proposta de resolución da Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro, órgano instrutor, da concesión das axudas solicitadas ao abeiro da Orde do 27 de febreiro de 2025, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para o libro galego, dirixidas á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas, e de acordo cos seguintes
Antecedentes de feito:
1. O 26 de marzo de 2025 publicouse no DOG núm. 59 a Orde do 27 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas para o libro galego, dirixidas á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento CT221C).
2. A finalidade da dita orde é subvencionar os custos da tradución das diferentes obras literarias en formato papel ou dixital para apoiar o libro galego e o mercado literario galego no que se refire á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas.
3. Unha vez que o órgano instrutor comprobou que as solicitudes se axustaron aos requisitos establecidos nas bases reguladoras, foron avaliadas pola Comisión de Avaliación tendo en conta os criterios de adxudicación, para finalmente proceder á repartición económica do orzamento previsto, de acordo coa seguinte fundamentación xurídica.
Fundamentos xurídicos:
1. O artigo 2 da orde recolle as seguintes condicións que é necesario cumprir para a obtención das subvencións:
– A tradución da obra para a cal se solicita a subvención deberase publicar despois da data de publicación da orde de axudas.
– Só se subvencionará a tradución dun mesmo título. No suposto de que haxa varias solicitudes para a mesma obra, subvencionarase a solicitude que obteña máis puntos de acordo co artigo 13 e, en caso de empate, a presentada en primeiro lugar.
– Cada empresa editorial poderá presentar solicitude para a tradución dun máximo de quince (15) obras.
– Só serán obxecto de subvención as obras que sexan unha primeira tradución ou cando pasasen máis de vinte (20) anos desde a última tradución.
– Non poderán ser obxecto de axuda as obras que recibisen esta mesma subvención en convocatorias anteriores.
Así mesmo, o obxecto da subvención son os honorarios profesionais da persoa que realice a tradución.
2. O artigo 3 dispón que poderán ser beneficiarias das subvencións aquelas persoas físicas ou xurídicas que acrediten a súa condición de editoras, para o cal deberán estar dadas de alta antes do 1 de xaneiro de 2025 na epígrafe 476.1, Edición de libros, do imposto de actividades económicas.
Así mesmo, non se poden beneficiar das axudas aqueles solicitantes que se encontren nos supostos previstos nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, nin tampouco os proxectos que presenten contratos de tradución con persoas xurídicas, e en ningún caso se concederán máis de cinco axudas por editor a obras en que conste o mesmo tradutor.
3. O artigo 12 da orde establece o procedemento para a concesión das subvencións en réxime de concorrencia competitiva en concordancia co disposto no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Correspóndelle á Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro a instrución do dito procedemento e a formulación da proposta de resolución, logo de que as solicitudes sexan valoradas pola Comisión de Avaliación, a que fai referencia o artigo 12, número 3, da orde de convocatoria.
4. As solicitudes que se axusten aos requisitos establecidos na convocatoria valoraranse de acordo cos seguintes criterios establecidos no artigo 13:
A. Interese cultural do autor e da obra que se propón traducir. Máximo 43 puntos.
Valorarase:
A obra completa do autor: máximo 25 puntos.
Importancia singular do libro que se vai traducir: máximo 18 puntos.
B. Traxectoria profesional da persoa tradutora: máximo 17 puntos.
Obra literaria traducida: un punto cada dúas obras traducidas (máximo 5 puntos).
Deberán acreditarse as obras traducidas a través da referencia ao ISBN.
Titulado/grao en Tradución: 5 puntos.
Premios específicos de tradución obtidos (máximo 6 puntos):
– Ámbito autonómico: 1 punto por premio, cun máximo de 2 puntos.
– Ámbito nacional: 2 puntos por premio, cun máximo de 4 puntos.
– Ámbito internacional: 3 puntos por premio, cun máximo de 6 puntos.
Outra experiencia profesional como tradutor en ámbito diferente ao literario: 1 punto.
C. Obra con dereitos vixentes: 10 puntos.
D. Obra orixinalmente editada nos últimos anos (máximo 15 puntos):
Nos últimos 10 anos: 10 puntos.
Nos últimos 2 anos: 15 puntos.
E. Libros de literatura infantil e xuvenil, poesía, divulgación científica e teatro: 10 puntos.
F. Obras cunha alta tiraxe noutras linguas (máximo 5 puntos):
Máis de 100.000: 1 punto.
Máis de 500.000: 3 puntos.
Máis de 1.000.000: 5 puntos.
5. Aplicados os criterios de valoración, elaborarase unha listaxe coas puntuacións outorgadas e procederase a distribuír o orzamento de acordo co disposto nos artigos 12 e 14 e co límite do artigo 4 da orde de convocatoria:
a) Adxudicaráselles unha axuda de, como máximo, ata o 90 % do custo da tradución a aquelas entidades que obteñan a máxima puntuación (100 puntos) seguindo a orde da baremación do artigo 13 e diminuirá proporcionalmente ata a última (50 puntos), que recibirá unha axuda de, como máximo, ata o 60 % do custo da tradución.
b) Establécese como prezo máximo por páxina traducida 25,00 €, polo que as propostas que superen a dita cantidade serán corrixidas á baixa.
c) A cantidade final adxudicada será a resultante da repartición mediante o rateo do orzamento existente entre a totalidade das solicitudes correctamente recibidas, segundo as porcentaxes establecidas de acordo co punto anterior, minorando a cantidade final de cada beneficiario, de ser o caso, en función do importe global máximo dispoñible.
d) O importe máximo de subvención por obra será de seis mil euros (6.000,00 €).
e) A puntuación mínima para obter a axuda é de 50 puntos.
f) A contía correspondente á primeira anualidade é do 45 % do total adxudicado como axuda e o 55 % restante corresponde á segunda anualidade.
Se, como consecuencia da repartición, a cantidade resultante é un número cuxo primeiro decimal é 5 ou superior, redondearase ao enteiro superior máis próximo. Se o primeiro decimal é inferior a 5, manterase o mesmo número enteiro.
6. A cantidade máxima para repartir, segundo o artigo 4, é de 150.000,00 €, dos cales 67.500,00 € corresponden á anualidade 2025 e 82.500,00 € á anualidade 2026, con cargo á aplicación orzamentaria 13.03.432A.770.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025.
7. O artigo 14.3 da orde de convocatoria establece que, realizada a repartición segundo o anteriormente indicado, o órgano instrutor elaborará a proposta de resolución que elevará á persoa titular da Dirección Xeral de Cultura, quen resolverá por delegación da persoa titular da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, segundo o disposto no artigo 15 da orde de convocatoria e na súa disposición adicional segunda.
Polo exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Aceptar a proposta de resolución e concederlles ás editoras e aos seus proxectos de tradución que se relacionan no anexo I os importes das axudas correspondentes a cada un, con cargo á aplicación orzamentaria 13.03.432A.770.0.
Segundo. A efectividade desta resolución está condicionada a que a entidade beneficiaria a acepte.
Terceiro. Non concederlles as axudas solicitadas ás editoras e aos seus proxectos de tradución que non cumpren os requisitos establecidos nos artigos da orde de convocatoria e que figuran no anexo II.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor o recurso potestativo de reposición, ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben poderá impugnarse directamente a través do recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses que se contarán desde a mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. En todo caso, non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza o rexeitamento presunto do recurso de reposición.
Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2025. O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude. P.D. (Orde do 27.2.2025, DOG núm. 59, do 26 de marzo). Anxo M. Lorenzo Suárez. Director xeral de Cultura.
ANEXO I
Subvencións para o libro galego, dirixidas á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas (código de procedemento CT221C)
Editoriais beneficiarias:
|
Título do proxecto |
Editorial beneficiaria |
Importe concedido |
1ª anualidade (2025) |
2ª anualidade (2026) |
|
Birdie |
Belagua Ediciones y Comunicación, S.L. |
2.614,00 € |
1.176,30 € |
1.437,70 € |
|
A cornamusa máxica |
Asociación Boadicea Editora |
1.931,00 € |
868,95 € |
1.062,05 € |
|
Campamentos de verán 7G |
Asociación Boadicea Editora |
698,00 € |
314,10 € |
383,90 € |
|
Gardas! Gardas! |
Asociación Boadicea Editora |
2.498,00 € |
1.124,10 € |
1.373,90 € |
|
Homes de armas |
Asociación Boadicea Editora |
2.564,00 € |
1.153,80 € |
1.410,20 € |
|
Pés de barro |
Asociación Boadicea Editora |
2.535,00 € |
1.140,75 € |
1.394,25 € |
|
Salem's Lot |
Asociación Boadicea Editora |
3.692,00 € |
1.661,40 € |
2.030,60 € |
|
Isadora Moon monta en bici |
Editorial Bululú, S.L. |
208,00 € |
93,60 € |
114,40 € |
|
Isadora Moon vai de concerto |
Editorial Bululú, S.L. |
208,00 € |
93,60 € |
114,40 € |
|
O misterio do Xacarandá |
Editorial Bululú, S.L. |
348,00 € |
156,60 € |
191,40 € |
|
The anthropologists |
Carlos González Meijide |
1.261,00 € |
567,45 € |
693,55 € |
|
Cayo Hueso |
Carlos González Meijide |
495,00 € |
222,75 € |
272,25 € |
|
Anna Kadabra. A Illa das mascotas |
Edicións do Cumio, S.A. |
259,00 € |
116,55 € |
142,45 € |
|
Anna Kadabra. Festa a medianoite |
Edicións do Cumio, S.A. |
259,00 € |
116,55 € |
142,45 € |
|
Anna Kadabra. Pasteis perigosos |
Edicións do Cumio, S.A. |
259,00 € |
116,55 € |
142,45 € |
|
Cienciópolis |
Edicións do Cumio, S.A. |
278,00 € |
125,10 € |
152,90 € |
|
O primeiro cañón do mundo |
Edicións do Cumio, S.A. |
1.010,00 € |
454,50 € |
555,50 € |
|
O albatros negro |
Edicións do Cumio, S.A. |
2.620,00 € |
1.179,00 € |
1.441,00 € |
|
A l´altra banda de la por |
Follas Voadoras |
1.613,00 € |
725,85 € |
887,15 € |
|
Amaia Lapitz e o sartego da Raíña Vermella |
Follas Voadoras |
788,00 € |
354,60 € |
433,40 € |
|
Comprendre La Palestine |
Follas Voadoras |
1.401,00 € |
630,45 € |
770,55 € |
|
Galicia e León baixo a raíña Sancha e o rei Fernando |
Follas Voadoras |
1.753,00 € |
788,85 € |
964,15 € |
|
Guanyarás una mar llisa |
Follas Voadoras |
1.381,00 € |
621,45 € |
759,55 € |
|
Liber Monstruorum |
Follas Voadoras |
334,00 € |
150,30 € |
183,70 € |
|
Diario de Rutka Laskier |
Follas Voadoras |
410,00 € |
184,50 € |
225,50 € |
|
L´elu |
Follas Voadoras |
1.105,00 € |
497,25 € |
607,75 € |
|
Escola de monstros. O neno morcego Tim |
Hércules de Ediciones, S.L. |
27,00 € |
12,15 € |
14,85 € |
|
Escola de monstros. Os pés grandes de Pete |
Hércules de Ediciones, S.L. |
27,00 € |
12,15 € |
14,85 € |
|
Escola de monstros. O regalo de Jamie Lee |
Hércules de Ediciones, S.L. |
27,00 € |
12,15 € |
14,85 € |
|
Tortura branca |
Hércules de Ediciones, S.L. |
1.229,00 € |
553,05 € |
675,95 € |
|
Effi Briest |
Irmás Cartoné, S.L. |
2.220,00 € |
999,00 € |
1.221,00 € |
|
Le ventre de Paris |
Irmás Cartoné, S.L. |
2.658,00 € |
1.196,10 € |
1.461,90 € |
|
The House of Mirth |
Irmás Cartoné, S.L. |
2.881,00 € |
1.296,45 € |
1.584,55 € |
|
Vera |
Irmás Cartoné, S.L. |
1.589,00 € |
715,05 € |
873,95 € |
|
A escola na e coa natureza |
Kalandraka Editora, S.L. |
2.121,00 € |
954,45 € |
1.166,55 € |
|
Cos sinais de auga |
Kalandraka Editora, S.L. |
342,00 € |
153,90 € |
188,10 € |
|
O león pequeno |
Kalandraka Editora, S.L. |
118,00 € |
53,10 € |
64,90 € |
|
Inés |
Edicións Laiovento, S.L. |
864,00 € |
388,80 € |
475,20 € |
|
Journal d´une femme de chambre |
Edicións Laiovento, S.L. |
1.057,00 € |
475,65 € |
581,35 € |
|
La condition Humaine |
Edicións Laiovento, S.L. |
1.798,00 € |
809,10 € |
988,90 € |
|
EXUVII |
Edicións Laiovento, S.L. |
1.500,00 € |
675,00 € |
825,00 € |
|
King Richard the Second |
Edicións Laiovento, S.L. |
850,00 € |
382,50 € |
467,50 € |
|
Polly and the Wolf |
Rinoceronte Editora, S.L. |
1.264,00 € |
568,80 € |
695,20 € |
|
Gangsta Granny Strikes Again |
Rinoceronte Editora, S.L. |
1.544,00 € |
694,80 € |
849,20 € |
|
Christmas with the Savages |
Rinoceronte Editora, S.L. |
1.264,00 € |
568,80 € |
695,20 € |
|
Amelia Fang and the Naughty Caticorns |
Rinoceronte Editora, S.L. |
828,00 € |
372,60 € |
455,40 € |
|
Amelia Fang and the Lost Yeti Treasures |
Rinoceronte Editora, S.L. |
909,00 € |
409,05 € |
499,95 € |
|
Historias de San Petersburgo |
Rinoceronte Editora, S.L. |
1.236,00 € |
556,20 € |
679,80 € |
|
Ab urbe condita |
Rinoceronte Editora, S.L. |
2.026,00 € |
911,70 € |
1.114,30 € |
|
O rei Cuu 2 |
Rinoceronte Editora, S.L. |
599,00 € |
269,55 € |
329,45 € |
|
Da cor do leite |
Rinoceronte Editora, S.L. |
1.385,00 € |
623,25 € |
761,75 € |
|
A trompeta do cisne |
Rinoceronte Editora, S.L. |
1.727,00 € |
777,15 € |
949,85 € |
|
A High Wing in Jamaica |
Rinoceronte Editora, S.L. |
3.091,00 € |
1.390,95 € |
1.700,05 € |
|
Consider the Lillies |
Rinoceronte Editora, S.L. |
2.387,00 € |
1.074,15 € |
1.312,85 € |
|
Mulheres empilhadas |
Rinoceronte Editora, S.L. |
3.061,00 € |
1.377,45 € |
1.683,55 € |
|
O amor dos homes avulsos |
Rinoceronte Editora, S.L. |
1.966,00 € |
884,70 € |
1.081,30 € |
|
Servir les riches |
Rinoceronte Editora, S.L. |
4.096,00 € |
1.843,20 € |
2.252,80 € |
|
Os contos dos peregrinos |
Toxosoutos, S.L. |
1.124,00 € |
505,80 € |
618,20 € |
|
Herland |
Raquel Senra Fernández |
1.651,00 € |
742,95 € |
908,05 € |
|
O apestoso tío Muffin |
Triqueta Verde, S.A. |
494,00 € |
222,30 € |
271,70 € |
|
O lobo |
Triqueta Verde, S.A. |
126,00 € |
56,70 € |
69,30 € |
|
Vista chinesa |
Edicións Xerais de Galicia, S.A. |
838,00 € |
377,10 € |
460,90 € |
|
As pequenas virtudes |
Alvarellos Editora, S.L. |
310,00 € |
139,50 € |
170,50 € |
|
Os nenos porcalláns |
Fátima Martínez González |
146,00 € |
65,70 € |
80,30 € |
ANEXO II
Subvencións para o libro galego, dirixidas á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas (código de procedemento CT221C)
Propostas excluídas:
|
Editorial |
Título do proxecto |
Motivo de exclusión |
|
Editorial Bululú, S.L. |
Azul e dragón Vermello |
Desistencia de acordo co disposto no artigo 94.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. |
|
Editorial Bululú, S.L. |
De sombreiros e peixes |
Desistencia de acordo co disposto no artigo 94.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. |
|
María del Rocío Rodríguez López |
La larga posguerra 1939-1953 |
Non contesta o requirimento de acordo co disposto no artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co disposto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. |
|
Edicións do Cumio, S.A. |
Maggie Sparks e a escoba de Baba |
Desistencia de acordo co disposto no artigo 94.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. |
|
Edicións do Cumio, S.A. |
Maggie Sparks e o ladrón da verdade |
Desistencia de acordo co disposto no artigo 94.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. |
|
Edicións do Cumio, S.A. |
Veñen de lonxe |
Desistencia de acordo co disposto no artigo 94.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. |
|
Follas Voadoras |
Ocaso e fascinación |
Desistencia de acordo co disposto no artigo 94.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. |
|
Carlos González Meijide |
L´enfant |
Non acadar a puntuación mínima (50 puntos) de acordo co disposto no artigo 14.2.a) da Orde do 27 de febreiro de 2025. |
|
Instituto para el Desarrollo Educativo y Cultural, S.L. |
Doña Milagros |
Non acadar a puntuación mínima (50 puntos) de acordo co disposto no artigo 14.2.a) da Orde do 27 de febreiro de 2025. |
|
Instituto para el Desarrollo Educativo y Cultural, S.L. |
La cocina española antigua |
Non acadar a puntuación mínima (50 puntos) de acordo co disposto no artigo 14.2.a) da Orde do 27 de febreiro de 2025. |
|
Instituto para el Desarrollo Educativo y Cultural, S.L. |
Morriña |
Non acadar a puntuación mínima (50 puntos) de acordo co disposto no artigo 14.2.a) da Orde do 27 de febreiro de 2025. |
|
Instituto para el Desarrollo Educativo y Cultural, S.L. |
Pascual López. Autobiografía de un estudiante de medicina |
Non acadar a puntuación mínima (50 puntos) de acordo co disposto no artigo 14.2.a) da Orde do 27 de febreiro de 2025. |
|
Instituto para el Desarrollo Educativo y Cultural, S.L. |
Un viaje de novios |
Non acadar a puntuación mínima (50 puntos) de acordo co disposto no artigo 14.2.a) da Orde do 27 de febreiro de 2025. |
|
Editorial Guiverny, S.L. |
A idade de ouro |
Non acadar a puntuación mínima (50 puntos) de acordo co disposto no artigo 14.2.a) da Orde do 27 de febreiro de 2025. |
|
Editorial Guiverny, S.L. |
As neves do Kilimanjaro |
Non acredita contar cos dereitos para a publicación da obra; polo tanto, incumpre o disposto no artigo 8.1.b) da Orde do 27 de febreiro de 2025. |
|
Editorial Guiverny, S.L. |
Cranford |
Non acadar a puntuación mínima (50 puntos) de acordo co disposto no artigo 14.2.a) da Orde do 27 de febreiro de 2025. |
|
Editorial Guiverny, S.L. |
O que Maisie sabía |
Non acadar a puntuación mínima (50 puntos) de acordo co disposto no artigo 14.2.a) da Orde do 27 de febreiro de 2025. |
|
Editorial Guiverny, SL |
Os favores da fortuna |
Non acadar a puntuación mínima (50 puntos) de acordo co disposto no artigo 14.2.a) da Orde do 27 de febreiro de 2025. |
|
Sacauntos, S. Coop. Galega |
News from nowhere |
Non contesta o requirimento de acordo co disposto no artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co disposto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. |
|
Toxosoutos, S.L. |
Declaración dos dereitos da muller |
Existe unha tradución da obra nos últimos vinte (20) anos. Incumpre o disposto no artigo 2.5 da Orde do 27 de febreiro de 2025. |
|
NK Projects, S.C. |
El último mensaje |
Non acadar a puntuación mínima (50 puntos) de acordo co disposto no artigo 14.2.a) da Orde do 27 de febreiro de 2025. |
|
NK Projects, S.C. |
Brandán |
Non acadar a puntuación mínima (50 puntos) de acordo co disposto no artigo 14.2.a) da Orde do 27 de febreiro de 2025. |
|
Triqueta Verde, S.A. |
Bruxas e dragóns |
Non emenda a solicitude presentando a documentación que se lle solicita de acordo co disposto no artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co disposto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. |
