No Diario Oficial de Galicia núm. 59, do 26 de marzo de 2025, publicouse a Orde da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, do 28 de febreiro de 2025, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas para o libro galego, dirixidas á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento CT221D).
De conformidade co artigo 15 da dita orde, o órgano competente para resolver é a persoa titular da Dirección Xeral de Cultura, por delegación da persoa titular da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e por proposta do órgano instrutor, segundo o previsto no artigo 14.
Así mesmo, a publicación da resolución definitiva substituirá a notificación persoal e producirá os mesmos efectos de acordo co artigo 15 da orde, e de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e as correspondentes resolucións do procedemento, por ser de concorrencia competitiva, deben ser obxecto de publicación, que producirá os efectos de notificación.
Polo exposto, tras a presentación das solicitudes, unha vez finalizada a instrución e a fiscalización, e ditada o día 25 de agosto a resolución que pon fin ao procedemento,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do contido íntegro da Resolución do 25 de agosto de 2025 de concesión das axudas convocadas ao abeiro da Orde da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, do 28 de febreiro de 2025, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas para o libro galego, dirixidas á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento CT221D), que se xunta como anexo desta resolución.
Segundo. Comunicar que a Resolución do 25 de agosto de 2025, que pon fin a este procedemento, esgota a vía administrativa e que contra ela se poderá interpor potestativamente un recurso de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes que se contará a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Esta resolución tamén poderá ser impugnada directamente ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o órgano contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2025
Anxo M. Lorenzo Suárez
Director xeral de Cultura
ANEXO
Resolución do 25 de agosto de 2025 de concesión das axudas convocadas ao abeiro da Orde do 28 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas para o libro galego, dirixidas á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento CT221D)
Vista a proposta de resolución da Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro, órgano instrutor, da concesión das axudas solicitadas ao abeiro da Orde do 28 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas para o libro galego, dirixidas á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego, e de acordo cos seguintes
Antecedentes de feito:
1. O 26 de marzo de 2025 publicouse no DOG núm. 59 a Orde do 28 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas para o libro galego, dirixidas á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento CT221D).
2. A finalidade da dita orde é subvencionar os custos da tradución das diferentes obras literarias en formato papel ou dixital para apoiar o libro galego e o mercado literario galego no que se refire á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego.
3. Unha vez que o órgano instrutor comprobou que as solicitudes se axustaron aos requisitos establecidos nas bases reguladoras, foron avaliadas pola Comisión de Valoración tendo en conta os criterios de adxudicación, para finalmente proceder á repartición económica do orzamento previsto, de acordo coa seguinte fundamentación xurídica.
Fundamentos xurídicos:
1. O artigo 2 da orde recolle as seguintes condicións que é necesario cumprir para a obtención das subvencións:
– A tradución da obra para a cal se solicita a subvención deberase publicar despois da data de publicación da orde de axudas.
– Só se subvencionará a tradución dun mesmo título para a mesma lingua. No suposto de que haxa varias solicitudes para a mesma obra, subvencionarase a solicitude que obtivese máis puntos de acordo co artigo 13 e, en caso de empate, a presentada en primeiro lugar.
– Cada empresa editorial poderá presentar solicitude para a tradución dun máximo de quince (15) obras.
– Só serán obxecto de subvención as obras que sexan unha primeira tradución ou cando pasasen máis de vinte (20) anos desde a última tradución.
– Non poderán ser obxecto de axuda as obras que recibisen esta mesma subvención en convocatorias anteriores.
Así mesmo, o obxecto da subvención son os honorarios profesionais da persoa que realice a tradución.
2. O artigo 3 dispón que poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas para a tradución aquelas persoas físicas ou xurídicas que acrediten a súa condición de editoras de acordo co establecido na orde da convocatoria, para o cal deberán estar dadas de alta antes do 1 de xaneiro de 2025 na epígrafe 476.1, Edición de libros, do imposto de actividades económicas.
Así mesmo, non se poden beneficiar das axudas aqueles solicitantes que se encontren nos supostos previstos nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, nin tampouco os proxectos que presenten contratos de tradución con persoas xurídicas, e en ningún caso se concederán máis de cinco axudas por editor a obras nas cales conste o mesmo tradutor.
3. O artigo 12 da orde establece o procedemento para a concesión das subvencións en réxime de concorrencia competitiva en concordancia co disposto no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Correspóndelle á Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro a instrución do dito procedemento e a formulación da proposta de resolución, despois de que as solicitudes fosen valoradas pola Comisión de Avaliación, a que fai referencia o artigo 12, número 3, da orde de convocatoria.
4. As solicitudes que se axusten aos requisitos establecidos na convocatoria valoraranse de acordo cos seguintes criterios establecidos no artigo 13:
A. Interese cultural do autor e da obra que se propón traducir. Máximo 43 puntos.
Valorarase:
1º. A obra completa do autor: incluiranse na valoración, entre outros, os premios obtidos, número de títulos publicados, número de títulos traducidos, tiraxe e edicións da súa obra, valoracións en medios especializados, difusión do patrimonio cultural galego, nas súas diversas manifestacións, referidos á persoa do autor ou autora da obra, a súa vixencia e a súa influencia sociocultural: máximo 25 puntos.
Importancia singular do libro que se vai traducir: incluiranse na valoración, entre outros o número de edicións da obra que se vai traducir en calquera lingua, editadas nos últimos vinte e cinco anos, linguas para as cales xa foi traducida, difusión do patrimonio cultural galego nas súas diversas manifestacións, a súa vixencia e a súa influencia sociocultural, contribución da obra á difusión da imaxe de Galicia como sociedade avanzada: máximo 18 puntos.
2º. Traxectoria profesional da persoa tradutora: máximo 22 puntos.
Obra literaria traducida: un punto cada dúas obras traducidas (máximo 10 puntos).
Deberán acreditarse as obras traducidas a través da referencia ao ISBN.
Titulado/grao en Tradución: 5 puntos.
Premios específicos de tradución obtidos (máximo 6 puntos):
– Ámbito autonómico/rexional: 1 punto por premio (máximo 2 puntos).
– Ámbito nacional: 2 puntos por premio (máximo 4 puntos).
– Ámbito internacional: 3 puntos por premio (máximo 6 puntos).
Outra experiencia profesional como tradutor en ámbito diferente ao literario: 1 punto.
3º. Obra con dereitos vixentes: 10 puntos.
4º. Obra orixinalmente editada nos últimos anos (máximo 15 puntos):
Nos últimos 10 anos: 10 puntos.
Nos últimos 2 anos: 15 puntos.
5º. Libros de literatura infantil e xuvenil, poesía, divulgación científica e teatro: 10 puntos.
5. Aplicados os criterios de valoración, elaborarase unha listaxe coas puntuacións outorgadas e procederase a distribuír o orzamento de acordo co disposto nos artigos 12 e 14 e co límite do artigo 4 da orde de convocatoria:
a) Adxudicaráselles unha axuda de, como máximo, ata o 90 % do custo da tradución a aquelas entidades que obteñan a máxima puntuación (100 puntos) seguindo a orde da baremación do artigo 13 e diminuirá proporcionalmente ata a última (50 puntos), que recibirá unha axuda de, como máximo, ata o 60 % do custo da tradución.
b) Establécese como prezo máximo por páxina traducida 25,00 €, polo que as propostas que superen a dita cantidade serán corrixidas á baixa.
c) A cantidade final adxudicada será a resultante da repartición mediante o rateo do orzamento existente entre a totalidade das solicitudes correctamente recibidas, segundo as porcentaxes establecidas de acordo co punto anterior, minorando a cantidade final de cada beneficiario, de ser o caso, en función do importe global máximo dispoñible.
d) O importe máximo de subvención por obra será de seis mil euros (6.000,00 €).
e) A puntuación mínima para obter a axuda é de 50 puntos.
f) A contía correspondente á primeira anualidade é do 45 % do total adxudicado como axuda e o 55 % restante corresponde á segunda anualidade.
Se, como consecuencia da repartición, a cantidade resultante é un número cuxo primeiro decimal é 5 ou superior, redondearase ao enteiro superior máis próximo. Se o primeiro decimal é inferior a 5, manterase o mesmo número enteiro.
6. A cantidade máxima para repartir, segundo o artigo 4, é de 50.000,00 €, dos cales 22.500,00 € corresponden á anualidade 2025 e 27.500,00 € á anualidade 2026, con cargo á aplicación orzamentaria 13.03.432A.770.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025.
7. O artigo 14.3 da orde de convocatoria establece que, realizada a repartición segundo o anteriormente indicado, o órgano instrutor elaborará a proposta de resolución que elevará á persoa titular da Dirección Xeral de Cultura, quen resolverá por delegación da persoa titular da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, segundo o disposto no artigo 15 da orde de convocatoria e na súa disposición adicional segunda.
Polo exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Aceptar a proposta de resolución e concederlles ás editoras e aos seus proxectos de tradución que se relacionan no anexo I os importes das axudas correspondentes a cada un, con cargo á aplicación orzamentaria 13.03.432A.770.0.
Segundo. A efectividade desta resolución está condicionada a que a entidade beneficiaria a acepte.
Terceiro. Non concederlles as axudas solicitadas ás editoras e aos seus proxectos de tradución que non cumpren os requisitos establecidos nos artigos da orde de convocatoria e que figuran no anexo II.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer o recurso potestativo de reposición, ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben poderá impugnarse directamente a través do recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses que se contarán desde a mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. En todo caso, non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza o rexeitamento presunto do recurso de reposición.
Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2025. O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude. P.D. (Orde do 28.2.2025; DOG núm. 59, do 26 de marzo). Anxo M. Lorenzo Suárez. Director xeral de Cultura.
ANEXO I
Subvencións para o libro galego, dirixidas á tradución para outras linguas de
obras publicadas orixinariamente en galego (código de procedemento CT221D)
Editoriais beneficiarias:
|
Título do proxecto |
Editorial |
Importe |
1ª anualidade (2025) |
2ª anualidade (2026) |
|
Aquí vivió por aquí pasó |
Editorial Guiverny |
286,00 € |
128,70 € |
157,30 € |
|
El negociador |
Editorial Guiverny |
842,00 € |
378,90 € |
463,10 € |
|
Bibliopatas e fobólogos |
Merlín Comunicación, S.L. |
279,00 € |
125,55 € |
153,45 € |
|
Bonus Track |
Merlín Comunicación, S.L. |
534,00 € |
240,30 € |
293,70 € |
|
Contrabiografía |
Merlín Comunicación, S.L. |
1.224,00 € |
550,80 € |
673,20 € |
|
Os elefantes de Sokúrov |
Merlín Comunicación, S.L. |
1.421,00 € |
639,45 € |
781,55 € |
|
Economía y poesía: rimas internas |
Páginas de Espuma, S.L. |
1.851,00 € |
832,95 € |
1.018,05 € |
|
A noite do oso |
Small Stations Press |
1.095,00 € |
492,75 € |
602,25 € |
|
De illas remotas |
Small Stations Press |
1.556,00 € |
700,20 € |
855,80 € |
|
Dos arquivos do trasno |
Small Stations Press |
488,00 € |
219,60 € |
268,40 € |
|
Morning Star |
Small Stations Press |
4.896,00 € |
2.203,20 € |
2.692,80 € |
|
Xoaniña de Deus |
Small Stations Press |
2.323,00 € |
1.045,35 € |
1.277,65 € |
|
Alfonso Rodríguez Castelao: Prosa completa |
Associazione Culturale Textus |
3.744,00 € |
1.684,80 € |
2.059,20 € |
|
Alfonso Rodríguez Castelao: Diarios de arte |
Associazione Culturale Textus |
3.744,00 € |
1.684,80 € |
2.059,20 € |
|
Lamas Carvajal: Poesía |
Associazione Culturale Textus |
495,00 € |
222,75 € |
272,25 € |
|
Luis Amado Carballo: Poesía e prosa |
Associazione Culturale Textus |
1.116,00 € |
502,20 € |
613,80 € |
|
Roberto Blanco Torres: Poesía e prosa |
Associazione Culturale Textus |
1.545,00 € |
695,25 € |
849,75 € |
|
Ismael Ramos, Lixeiro |
Aguaplano Libri, S.R.L.S. |
309,00 € |
139,05 € |
169,95 € |
|
O lapis do carpinteiro |
Editorial Aurora Boreal |
973,00 € |
437,85 € |
535,15 € |
|
Lourenço, Xograr |
Gruppo Editoriale Tab, S.R.L. |
3.408,00 € |
1.533,60 € |
1.874,40 € |
|
Si o vello Sinbad volvese ás illas |
Hena Com Dooza Nakladnistvo |
661,00 € |
297,45 € |
363,55 € |
|
Os eidos |
Fundación Uxío Novoneyra |
470,00 € |
211,50 € |
258,50 € |
|
Os eidos |
Fundación Uxío Novoneyra |
487,00 € |
219,15 € |
267,85 € |
|
Prosa escollida de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao |
Nedland |
749,00 € |
337,05 € |
411,95 € |
ANEXO II
Subvencións para o libro galego, dirixidas á tradución para outras linguas de
obras publicadas orixinariamente en galego (código de procedemento CT221D)
Propostas excluídas:
|
Editorial |
Título do proxecto |
Motivo de exclusión |
|
Instituto para el Desarrollo Educativo y Cultural |
A ponte |
Non acadar a puntuación mínima (50 puntos) de acordo co disposto no artigo 14.2.a) da Orde do 28 de febreiro de 2025. |
|
Instituto para el Desarrollo Educativo y Cultural |
Contos de asieumedre |
Non acadar a puntuación mínima (50 puntos) de acordo co disposto no artigo 14.2.a) da Orde do 28 de febreiro de 2025. |
|
Instituto para el Desarrollo Educativo y Cultural |
Mareiras |
Non acadar a puntuación mínima (50 puntos) de acordo co disposto no artigo 14.2.a) da Orde do 28 de febreiro de 2025. |
|
Instituto para el Desarrollo Educativo y Cultural |
Minia |
Non acadar a puntuación mínima (50 puntos) de acordo co disposto no artigo 14.2.a) da Orde do 28 de febreiro de 2025. |
|
NK Projects, S.C. |
Galiza mutante |
Non acadar a puntuación mínima (50 puntos) de acordo co disposto no artigo 14.2.a) da Orde do 28 de febreiro de 2025. |
|
Fundación Uxío Novoneyra |
A flora dos Eidos (francés) |
Non acadar a puntuación mínima (50 puntos) de acordo co disposto no artigo 14.2.a) da Orde do 28 de febreiro de 2025. |
|
Fundación Uxío Novoneyra |
A flora dos Eidos (inglés) |
Non acadar a puntuación mínima (50 puntos) de acordo co disposto no artigo 14.2.a) da Orde do 28 de febreiro de 2025. |
