Convocada mediante a Resolución do 8 de xullo de 2025 (DOG nº 134, do 15 de xullo), a provisión dun posto de xefe/a do Servizo de Recursos Económicos da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, polo sistema de libre designación, a Dirección da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, na Orde do 24 de maio de 2006 pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 145/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 22 de abril de 2020 (DOG nº 82, do 29 de abril) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,
RESOLVE:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de xefe/a do Servizo de Recursos Económicos da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, convocada mediante a Resolución do 8 de xullo de 2025 (DOG nº 134, do 15 de xullo).
Segundo. Declarar deserta a convocatoria do 8 de xullo de 2025 (DOG nº 134, do 15 de xullo), para o posto que se indica, de conformidade co establecido na base sexta da convocatoria, por non concorrer ningún/ningunha aspirante que reúna os requisitos exixidos na dita convocatoria.
Terceiro. Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos previstos no artigo 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
A Estrada, 4 de setembro de 2025
Román Gómez Vázquez
Director da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061
