No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) número 157, do 20 de agosto de 2025, correspondente á oferta de emprego do ano 2024, publicáronse a convocatoria e as bases que rexerán a cobertura da seguinte praza vacante:
Denominación: técnica/o de comunicación e estratexia, técnico/a de Administración especial, grao medio. Sistema de provisión: oposición, grupo A, subgrupo A2.
Solicitudes: presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Sanxenxo, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, ou a través da sede electrónica (https://concellodesanxenxo.sedelectronica.gal), ou ben por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Prazo de presentación: quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).
Os sucesivos anuncios realizaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e/ou na sede electrónica municipal/taboleiro de anuncios do Concello de Sanxenxo. Unha vez iniciados os exercicios, os resultados faranse públicos na sede electrónica e/ou no taboleiro de anuncios.
Sanxenxo, 28 de agosto de 2025
Telmo Martín González
Alcalde presidente
