DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 19 de setembro de 2025 Páx. 50406

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 4 de setembro de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 3 de setembro de 2025, de autorización de cambio de actividade de forestal a agrícola dunha parcela no termo municipal de Castro de Rei (Lugo).

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, modificada pola Lei 9/2018, do 5 de decembro (BOE do 6 de decembro), faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.b) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, o Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo autorizou, mediante a Resolución do 3 de setembro de 2025, o cambio de actividade de forestal a agrícola da parcela 10.367 do polígono 2 do termo municipal de Castro de Rei (Lugo).

O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 27 de xuño de 2025.

Lugo, 4 de setembro de 2025

María Olga Iglesias Fontal
Directora territorial de Lugo